Antolín Esperón
Antolín Esperón | |
---|---|
Nacemento | 6 de setembro de 1821 |
Lugar de nacemento | Pontevedra |
Falecemento | 7 de decembro de 1895 |
Lugar de falecemento | Pontevedra |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | xornalista, catedrático, avogado e escritor |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Antolín Esperón Novás, nado en Pontevedra o 6 de setembro de 1821[1] e finado na mesma cidade o 7 de decembro de 1895[2], foi un avogado, escritor, profesor e xornalista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. No Instituto de Pontevedra desempeñou a cátedra de Retórica e Política e Clásicos latinos. Foi fiscal da Delegación de Facenda e síndico do Concello. Trasladouse a Madrid onde exerceu a avogacía e adquiriu fama de orador. Impartiu clases de Literatura e Elocuencia, Historia de España e Dereito penal e Administrativo. Foi Alcalde de Xixón (1851-1852) e Comisario provincial de Albacete. En 1855 volveu a Pontevedra. En 1859 traballaba como censor, e autorizou a publicación de La hija del mar de Rosalía de Castro[3].
Foi deputado provincial polo distrito de Ponte Caldelas e profesor de francés, catedrático e director do Instituto (1881). No Instituto de Pontevedra pronunciou o seu discurso con motivo do bicentenario da morte de Calderón de la Barca. Pertenceu á Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago e foi membro fundador da de Pontevedra. Foi redactor de Las Musas del Lérez, La Distracción, El Restaurador, La Constancia, La Reforma e Diario de Pontevedra e colaborou nas publicacións madrileñas La Ilustración, La Patria, El Continental e El Heraldo.
Obras[editar | editar a fonte]
- Defensa de Pontevedra
- Manifiesto al público de Pontevedra sobre la creación de una Academia de Jurisprudencia (1842; con Manuel Ángel Couto)[4]
- Impresiones de viaje. Santander y provincias vascongadas (Semanario Pintoresco Español, 1850)
- Memoria descriptiva de la villa de Gijón (1852)
Homenaxes[editar | editar a fonte]
O concello de Pontevedra acordou dedicarlle unha rúa da cidade en 1896.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Couceiro Freijomil, A. (1951). "Esperón Novás, Antolín". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) I. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 392.
- ↑ Noticia en Diario Oficial de Avisos de Madrid, 21-12-1895, p. 2.
- ↑ Pociña Pérez, A.; López López, A. (2000). Rosalía de Castro. Estudios sobre a vida e a obra. Laiovento. p. 35.
- ↑ "Manifiesto al público de Pontevedra: sobre la creación de una academia de jurisprudencia". Minerva.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ficha en Autores galegosArquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine.