Manuel Fernández Fernández (A Coruña)
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Manuel Fernández Fernández.
Manuel Fernández Fernández | |
---|---|
Nacemento | 1904 |
A Coruña | |
Falecemento | 26 de decembro de 1993 |
Madrid | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | sindicalista e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Manuel Fernández Fernández, nado no barrio de Monelos da Coruña en 1904 e finado en Madrid o 26 de decembro de 1993,[1] foi un sindicalista e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Practicante da Beneficencia Municipal da Coruña, foi secretario do Colexio Oficial de Practicantes (1928). En 1930 participou no Pacto de Lestrobe xunto aos cenetistas Ricardo García Lago e César Guillán Bozo, como delegado da sección VIR da Coruña. Encabezou o Partido Sindicalista en Galicia, colaborou en Trabajo, dirixiu La Calle, e foi elixido vocal da directiva do Partido Sindicalista na Coruña en abril de 1936.[2]
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Dolores Regueiro Lareo en 1928.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Fernández, Eliseo; Pereira, Dionisio (2004). O anarquismo na Galiza. Santiago de Compostela: Positivas. p. 122. ISBN 84-87783-79-1.
- "Fernández Fernández, Manuel". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.