Saltar ao contido

La Órbita de Endor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La órbita de Endor
FormatoPodcast de entretemento
Creado porAntonio Runa
Dirixido porAntonio Runa
País de orixeEspaña
Temporadas14
Episodios1247
Produción
Duración(Entre 1 hora e 12 horas aproximadamente)
Emisión orixinal
Canle de orixeIvoox
Primeiro episodio17 de xaneiro de 2011
Na rede
http://laorbitadeendor.com/
Facebook: La Órbita de Endor (grupo Loder) Twitter: laorbitadeendor Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

La Órbita de Endor (tamén coñecido coas siglas LODE) é un podcast español creado no 2011 dirixido e presentado por Antonio Runa.[1] O programa atangue a ciencia ficción e a fantasía principalmente,[1] incluíndo temas como banda deseñada, literatura, videoxogos, cinema e series, anime e mangas.

No ano 2015, a descarga media semanal dos programas roldaba entre 15 000 e 20 000,[2] sendo un dos podcasts con máis oíntes de España.

O podcast conta con tres clases de programas, estándar, monográfico e especial, e no ano 2020 estreou a súa tempada número 10.[3]

O nome do podcast pode entenderse como unha dobre referencia ao fandom de fantasía e ciencia ficción: o planeta Endor da saga da Guerra das galaxias e tamén ó termo élfico Endor ou Endórë do Señor dos Aneis.

O proxecto chamouse inicialmente Gate Tannhäuser (A Porta de Tannhäuser) en honra ao famoso monólogo de Roy Batty, unha réplica da película Blade Runner, pero debido á dificultade de deletrear o título o nome foi cambiado.

O Proxecto LODE

[editar | editar a fonte]

O podcast principal foi evolucionando co tempo, modificando e mudando a súa estrutura, calidade e lonxitude.

Ademais o podcast expallouse en novos subprodutos:

  • El legado de Endor (ELDE), o programa que xurdiu para substituír ao podcast principal durante o período estival, cun ton máis informal e mantendo a calidade do orixinal.[4]
  • Alternativa Loder, podcast irmán máis distendido onde priman as novas e as opinións por riba da documentación e acóllense aqueles temas que non teñen cabida en LODE.[5]
  • Balas sobre Endor, audios adicados a analizar cine negro dirixido por El Coronel Kurtz.[6]
  • Endor`s cut, programas que se centran na actualidade. [7]
  • Endorians neste spin-off de LODE analizan distintos títulos dende unha perspectiva diferente desglosando teorías ou conceptos.[8]
  • Extraorbita
  • Hithorso`s jukebox

Recoñecementos e Premios

[editar | editar a fonte]
  • Premio do Público ao Mellor Podcast do 2013 entregado por ASESPOD (Asociación de escuchas del podcasting)[9]
  • Premios Ivoox 2019 categoría ocio, segundo finalista. [10]
  • Premios Ivoox 2021 categoría ocio, gañador.[11]
  • Premios Ivoox 2022 categoría cine, gañador.[12]
  • Premios Ivoox 2023 categoría cine, gañador.[13]
  1. 1,0 1,1 Andrades, Fran (23 de maio de 2013). eldiario.es, ed. ""Lo mejor y lo peor del mundo del podcast es que cualquiera puede hacer uno"". Consultado o 9 de febreiro de 2020. 
  2. "Los podcast gozan de buena salud". blog.caixabank.es. 7 de decembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2020. Consultado o 11 de xuño de 2020. 
  3. "La Órbita de Endor. Tempada 10". laorbitadeendor.com. Consultado o 11 de xuño de 2020. 
  4. "ELDE, El legado de Endor, programa de substitución durante o verán". laorbitadeendor.com/category/elde/. Consultado o 9 de xullo de 2024. 
  5. "Alternativa Loder, programa de novas en formato tertulia". laorbitadeendor.com/category/alternativa-loder/. Consultado o 9 de xullo de 2024. 
  6. "Balas sobre Endor". laorbitadeendor.com/category/bse/. Consultado o 9 de xullo de 2024. 
  7. "Endor`s cut". laorbitadeendor.com/category/endors-cut/. Consultado o 9 de xullo de 2024. 
  8. "Endorians". laorbitadeendor.com/category/endorians/. Consultado o 9 de xullo de 2024. 
  9. "Premio do público ao mellor podcast 2013 ASESPOD". asespod.org. Consultado o 9 de xullo de 2024. 
  10. "Segundo finalista categoría ocio Ivoox 2019". ivoox.com. Consultado o 9 de xullo de 2024. 
  11. "Premios Ivoox 2021 categoría ocio". ivoox.com. Consultado o 9 de xullo de 2024. 
  12. "Premios Ivoox 2022 categoría cine". ivoox.com. Consultado o 9 de xullo de 2024. 
  13. "Premios Ivoox 2023 categoría cine". ivoox.com. Consultado o 9 de xullo de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]