LX Festival de Ópera da Coruña
O LX Festival de Ópera da Coruña tivo lugar entre os días 29 de agosto e 5 de outubro de 2012. Nesta edición do festival tiveron lugar os seguintes eventos:
Óperas
[editar | editar a fonte]Nesta edición do Festival interpretáronse dúas óperas: Nabucco de Verdi, e Madama Butterfly de Puccini.
- Nabucco interpretouse en versión de concerto o día 8 de setembro coa Orquestra e Coro da Sinfónica de Galicia baixo a dírección de Keri-Lynn Wilson e con Leo Nucci (barítono), Elisabete Matos (soprano) e Pancho Corujo (tenor) nos papeis principais.
- Madama Butterfly representouse en escena os días 27 e 30 de setembro coa Orquestra Sinfónica de Galicia e o Coro Gaos baixo a dirección de Marcello Panni e con Mario Ponrtiggia como director de escena. Os papeis principais foron interpretados por Fiorenza Cedolins (soprano), Tito Beltrán (tenor) e Borja Quiza (barítono)
Gala lírica
[editar | editar a fonte]O 5 de outubro tivo lugar, ao igual que nas anteriores edicións do Festival, unha gala lírica coa mezzosoprano Elīna Garanča acompañada pola Orquestra Sinfónica de Galicia baixo a dirección do seu home, o británico Karel Mark Chichon. Na gala do 60 aniversario, a soprano letoa interpretou arias de Mozart, Donizetti, Tchaikovski etc.
Novas voces galegas
[editar | editar a fonte]O 21 de setembro tivo lugar unha nova edición do ciclo As novas voces galegas cun concerto da soprano ferrolá Patricia Rodríguez Rico.
Gala de Belcanto
[editar | editar a fonte]O 29 de agosto realizouse o concerto de inauguración do Festival da man do tenor Celso Albelo e a soprano Irina Lungu, acompañados pola Orquestra Sinfónica de Galicia baixo a dirección de Daniel Oren. No concerto interpretáronse arias e dúos de óperas de Donizetti, Bellini, Verdi etc.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Ópera |
A Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Predecesor: LIX Festival de Ópera da Coruña |
LX Festival de Ópera da Coruña 2012 |
Sucesor: LXI Festival de Ópera da Coruña |