Saltar ao contido

Lázaro Louzao

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLázaro Louzao

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de novembro de 1988 Editar o valor en Wikidata (35 anos)
Actividade
Ocupacióndirector de cinema, guionista Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm9427526 Editar o valor en Wikidata

Hilario Pérez Louzao, máis coñecido como Lázaro Louzao, nado en Xove en 1988, é un cineasta e fotógrafo galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a expoñer fotografía en 2006 cando aínda cursaba bacharelato na Coruña. Ese mesmo ano mudouse a Santiago de Compostela, onde estudou Fotografía Artística na EASD Mestre Mateo e fixo un máster en Arte e Comunicación.

En 2010 trasladouse a Bilbao, onde dirixiu as súas primeiras curtametraxes á vez que estudaba Comunicación Audiovisual. Entre estes primeiros traballos destaca CRAC, baseado no poemario homónimo de Gonzalo Hermo. Despois dun breve período en Barcelona onde dirixiu a súa terceira curta no mestrado de Documental Creativo, volveu á Coruña no ano 2016, onde creou Costura Films.

En 2018 estreou no Festival Zinegoak de Bilbao a súa primeira longametraxe, Nove de novembro, que é a primeira de temática LGBT rodada en lingua galega. En setembro recibe o premio á mellor película galega na Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo.[1]

En xuño do 2020 recibe da man de ALAS A Coruña o XVI Premio Marcela e Elisa a visibilidade LGBT[2], porén o acto de entrega quedou adiado por mor da pandemia de COVID-19. En xaneiro do 2022 publica Palpar a Pel[3], un libro que recolle a súa traxectoria fotográfica de espidos masculinos.

Filmografía

[editar | editar a fonte]

Curtametraxes

[editar | editar a fonte]
  • Los seres sombríos (2013)
  • CRAC (2014)
  • La luz que no vemos (2015)
  • Pedras e riceiros (2019)

Longametraxes

[editar | editar a fonte]

Fotografía

[editar | editar a fonte]

Exposicións

[editar | editar a fonte]

Publicacións

[editar | editar a fonte]
  • AZUL ROJO OCRE (2017) (Fanzine da exposición)
  • Palpar a Pel (2022) (Libro recopilatorio; prólogo de Abel Azcona) ISBN: 978-84-09-37539-4
  • A Idade dos Metais (2022) (Fanzine da exposición)
  1. SL, POMBAPRESS. "La Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo concede el premio del público a la película libanesa 'El Insulto"". Galiciapress (en castelán). Consultado o 2018-12-12. 
  2. ""No quiero ser el único autor de cine en Galicia que se dedique a temática LGTB"". La Opinión de A Coruña. 11 de xuño de 2020. 
  3. Santos, Ágatha de (2022-02-02). "La diversidad de la belleza masculina, al desnudo". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2022-04-21. 
  4. "Lázaro Louzao, en Blacke Box". El Ideal Gallego (en castelán). Consultado o 2022-04-21. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]