Kyra Kyralina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kyra Kyralina
Un Gorki dos Balcáns
Autor/aPanait Istrati
OrixeFrancia e Romanía
LinguaLingua francesa
ColecciónCiclio de Adrien Zograffi
Xénero(s)Novela
Data de pub.1923
editar datos en Wikidata ]
Retrato fotográfico do autor, Panait Istrati
Retrato fotográfico do autor, Panait Istrati

Kyra Kyralina ou Chira Chiralina é unha novela do autor romanés Panait Istrati publicada no 1923.[1] Foi publicada en galego por Irmás Cartoné.[2]

Publicación[editar | editar a fonte]

Kyra Kyralina foi escrita en francés, e traducida á lingua romanesa no 1924, nunha versión anónima.[1] A edición orixinal tiña por subtítulo "un Gorki dos Balcáns", e levaba un prefacio de Romain Rolland.[3] Con ela, Istrati comezou o seu ciclo de Adrien Zograffi.[4]

Trátase da primeira obra dun autor romanés en representar a homosexualidade, polo que Istrati chegou a ser tildado de "poeta miserento de cús desflorados".[5]

Adaptacións[editar | editar a fonte]

A novela foi adaptada ao cinema no 2014, nun filme romanés homónimo dirixido por Dan Pita.[6]

Traducións[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Chira Chiralina - Panait Istrati". TargulCartii.ro (en romanés). Consultado o 2024-02-24. 
  2. 2,0 2,1 "Kyra Kyralina, de Panait Istrati – Irmás Cartoné". Consultado o 2024-02-24. 
  3. Istrati, Panait (2021-06-28). Chira Chiralina - Editura Publisol (en romanés). Editura Publisol. ISBN 978-606-9739-71-6. 
  4. "Association des Amis de Panaït Istrati". Institut Mémoires de l’édition contemporaine (en francés). Consultado o 2024-02-24. 
  5. "Homosexualitatea în România: de la „Mandruli pederastu“, la corecţii fizice şi suicid de ruşine". adevarul.ro (en romanés). 2013-04-20. Consultado o 2024-02-24. 
  6. Pita, Dan (2014-09-04). "Kyra Kyralina". Consultado o 2024-02-24. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]