Saltar ao contido

Konstantin Tsiolkovskii

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaKonstantin Tsiolkovskii

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de setembro de 1857 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata
Izhevskoe (Imperio Ruso) Editar o valor en Wikidata
Morte19 de setembro de 1935 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Kaluga (Unión Soviética) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaKaluga (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónVyatka men's gymnasium (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoAstronáutica, ballooning (en) Traducir e rocket dynamics (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Borovsk (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
OcupaciónEnxeñeiro de aviación, filósofo, astrónomo, científico, cosmólogo, físico, escritor, escritor de ciencia ficción, matemático, inventor, mestre Editar o valor en Wikidata
Membro de
Influencias
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeQ28357677 Editar o valor en Wikidata
FillosQ15707329 Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Циолковский Константин Эдуардович)
Obálky knih,
Moskovskaia entsiklopedia: Litsa Moskvi Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1052323 Musicbrainz: cb04bb46-974b-4c78-87db-5f491adfa287 WikiTree: Циолковский-1 Find a Grave: 7493788 Editar o valor en Wikidata

Konstantin Eduardovich Tsiolkovskii (en ruso: Константин Эдуардович Циолковский) nado en Izhevskoe (Riazan) o 17 de setembro de 1857 e finado en Kaluga o 19 de setembro de 1935, foi un científico ruso, pioneiro na teoría da Astronáutica e impulsor teórico dos foguetes espaciais. As súas obras máis tarde inspiraron os principais enxeñeiros de foguetes como Sergey Korolev e Glushko Valentín e contribuíron ao éxito do programa espacial soviético.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nos seus primeiros anos viviu en Ryazan, ao sur de Moscova. Cando tiña 10 anos unha febre produciulle a perda completa da audición do oído esquerdo, o que o imposibilitou o resto da súa vida.

Aos 16 anos trasladouse a Moscova onde aprendeu por si mesmo matemáticas, mecánica analítica, astronomía física e química na biblioteca de Moscova.

En 1897 construíu o primeiro túnel de vento de Rusia, o que permitiu comprobar características aerodinámicas de modelos de aeronaves diferentes. A academia das ciencias outorgoulle diñeiro para construír un túnel de vento máis grande.

Inspirado pola novela Da terra á lúa de Jules Verne teorizou moitos aspectos dos viaxes espaciais e da propulsión de foguetes.

Está considerando o pai dos voos espaciais e a primeira persoa en concibir un ascensor espacial.[1]

Con 22 anos o Ministerio outorgoulle unha praza de mestre, profesión que exerceu ata a súa xubilación en 1920.

Publicacións científicas

[editar | editar a fonte]
Proxecto da primeira nave espacial por Konstantin Tsiolkovskii.

Gradualmente Tsiolkovskii foi centrar a súa atención nos voos espaciais e comezou a escribir sobre o espazo. O seu libro Грезы о Земле и небе, Greozy o zemie i Neve (Soños da Terra e do Ceo) foi publicado en 1895; o ano seguinte publicou un artigo sobre como comunicarse con seres doutro planeta.

En 1903 aparecía publicado no número cinco da revista Nauchnoe Obozrenie a súa Изследование мировых пространств реактивными приборами Izsledovanie mirobykh prostranstv reactivymi privorami ( Investigación do espazo por medio de motores de reacción) definindo os cálculos básicos dos voos espaciais modernos. Tsiolkovskii describiu en profundidade o uso de foguetes para o lanzamento de naves espaciais orbitais.

Estableceu a relación de masas dos foguetes e en consecuencia a fórmula fundamental da astronáutica. Propuxo o sistema de foguetes segmentados, aceptado universalmente, e a substitución do combustible sólido da época por propergol líquido, de maior rendemento.

A época entre 1910 e 1920 demostrou ser especialmente produtiva, publicou dez grandes obras que tentaban esclarecer a natureza dos corpos en órbita, o desenvolvemento de principios científicos de vehículos de reacción, deseño de estacións espaciais orbitais ou as viaxes interplanetarios.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]