Koh Ker

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 13°47′00″N 104°32′00″L / 13.78333333, 104.53333333

Koh Ker
Templo Prasat Thom de Koh Ker.
Koh Ker en Camboxa
Koh Ker
Koh Ker
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
País Camboxa
LocalizaciónProvincia de Preah Vihear
TipoCultural
Criteriosii, iv
Inscrición2023 (XLV sesión)
Rexión da UNESCOAsia e Pacífico
Identificador1667

Koh Ker (en khmer: ប្រាសាទកោះកេរ្ដិ៍, Prasat Kaôh Ké [praːsaːt kɑh keː]) é un remoto sitio arqueolóxico de Camboxa. Atópase a 120 km de Siem Reap e do antigo sitio de Angkor. É unha rexión chea de selva e pouco poboada. Atopáronse máis de 180 santuarios nunha área protexida de 81 km².[1](p13) Só unhas dúas ducias de monumentos poden ser visitados polos turistas porque a maioría dos santuarios están escondidos no bosque e a zona non está totalmente desminada.

Koh Ker é o nome moderno dunha importante cidade do Imperio Khmer. Nas inscricións menciónase a vila como Lingapura (cidade de lingams) ou Chok Gargyar[2]:70 (traducido como cidade de olixisto,[3] ou como bosque de árbores de ferro).[1](pp8–9)

O lugar de Koh Ker foi declarado Patrimonio da Humanidade o 17 de setembro de 2023 durante a 45ª sesión do Comité do Patrimonio da Humanidade en Riad, Arabia Saudita.[4][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Csaba Kàdas (2010). Koh Ker, Shortguide. Budapest: Hunincor. ISBN 978-963-08-0470-7. 
  2. Higham, C., 2001, The Civilization of Angkor, Londres: Weidenfeld & Nicolson, ISBN 9781842125847
  3. Jolyon Ralph & Ida Chau. "Hematite from Cambodia". Consultado o 1 de abril de 2013. 
  4. "Koh Ker: Archaeological Site of Ancient Lingapura or Chok Gargyar" (en inglés). UNESCO World Heritage Centre. 17 de setembro de 2023. Consultado o 18 de setembro de 2023. 
  5. Tan, Noel Hidalgo (2023-09-18). "Koh Ker becomes Cambodia’s Fourth UNESCO World Heritage Site". SEAArch - Southeast Asian Archaeology (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 2023-09-19. Consultado o 2023-09-19. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]