Klaksvík
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Rexión das Illas Feroe | Norðoyar (en) | ||||
| Concello das Illas Feroe | Klaksvík Municipality (en) | ||||
| Capital de | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 4.997 (2021) | ||||
| Lingua oficial | lingua feroesa lingua dinamarquesa | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 72 km² | ||||
| Altitude | 88 m | ||||
| Organización política | |||||
| • Xefe do goberno | Karl H. Johansen | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | FO-700 · FO-710 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | klaksvik.fo | ||||



Klaksvík é a segunda maior cidade das Illas Feroe, centro natural das illas do norte, Norðoyar, constitúe un dos mellores portos naturais do país e o principal porto pesqueiro das Feroe. É a capital do concello de Klasvík que se fundou en 1908 e que abrangue as cidades de Árnafjørður, Norðoyri, Ánirnar e Mikladalur. Xuntos, en 2007, tiñan 4.886 habitantes.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Klaksvík localízase na illa Borðoy, a maior das illas do norte, a cidade está situada nun val, no final dun pequeno fiorde entre entre os montes Myrkjanoyrarfjall (689 m), Háafjall (647 m), Hálgafelli (503 m) e Klakkur (414 m), ao cal a cidade debe o seu nome.
Historia
[editar | editar a fonte]A actual área de Klaksvík está poboada desde a época dos viquingos, como amosan escavacións. Tamén aquí había un thing local, o chamado várting. No século XIX o Monopolio das Feroe abriu aquí unha sucursal. En 1873 Klaksvík formou co resto de Norðoyar un concello. En 1908 formouse o concello de Klasvkív, naquela data a cidade tiña preto de 700 habitantes. Naquela época a cidade tiña preto de 700 habitantes. En 1960 Klaksvík converteuse no máis importante porto de pesca nas illas Feroe.
Comunicacións
[editar | editar a fonte]Klaksvík está unido coa capital, Tórshavn, por estrada, en 2006 rematouse o Norðoyatunnilin, túnel que permite o tráfico por estrada con Leirvík, ata entón só posible por transbordador.
Monumentos e cultura
[editar | editar a fonte]A Christianskirkjan é o edificio máis coñecido da cidade, unha igrexa que data de 1963, a pía bautismal feita en granito ten catro mil anos e orixinalmente utilizouse para ritos pagás. Norðoya Fornminnissavn é un museo que entre outras cousas contén unha antiga farmacia que estivo en funcionamento ata 1961. O Norðlýsið, fundado en 1915, é o xornal local. O festival de música, Summarfestivalur. atrae cada ano a milleiros de visitantes das Feroe. O club de fútbol local é o KÍ Klaksvík.
Cidades irmandadas
[editar | editar a fonte]
Murmansk, Rusia
Wick, Escocia
Sisimiut, Groenlandia
Kópavogur, Islandia
Trondheim, Noruega
Norrköping, Suecia
Tampere, Finlandia
Grenaa, Dinamarca
Odense, Dinamarca
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Klaksvík |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en feroés)
