Tórshavn

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 62°0′42″N 6°46′3″O / 62.01167, -6.76750

Tórshavn
Thorshavn
Tórshavn Insigna.svg
Tinganes 57.jpg
Península de Tinganes
Localización
Tórshavn en Illas Feroe
Tórshavn
Tórshavn
PaísDinamarca Dinamarca
País ConstituínteIllas Feroe Illas Feroe
ConcelloTórshavn
Xeografía
Altitude24 msnm
Superficie172,9 km²
Demografía
Poboación19 165 hab. (2017)[1]
Densidade75.7 hab/km²
Outros datos
Código postalFO-100, FO-110
AlcaldeAnnika Olsen (Fólkaflokkurin)
Páxina oficial da Tórshavn

Tórshavn (en dinamarqués: Thorshavn) é a capital das Illas Feroe, un territorio autónomo da coroa danesa. O nome significa O Porto de Thor. Thor é o deus supremo da mitoloxía viquinga, cuxo poder sobre o resto das divindades e a humanidade reflíctese no seu control sobre o trono e o raio (o que supón certo paralelismo con Zeus). A figura de Thor atópase representada no escudo da cidade de Tórshavn a través dunha man empuñando un martelo (outro dos seus símbolos máis representativos).

O Parlamento feroés, denominado Løgting, atópase situado na península de Tinganes, onde está localizado igualmente o centro histórico do devandito municipio.

Historia[editar | editar a fonte]

Vestaravag

A cidade desenvolveuse ao redor da península sobre a que antigos enclaves viquingos estableceran unha primeira colonia no século X. Do mesmo xeito que ocorrese en Islandia co Alþingi, os pobos viquingos aquí establecidos crearon unha asemblea chamada Altinget na que reunían periodicamente co fin de resolver problemas comúns e administrar xustiza. O Løgting actual é unha evolución directa da devandita institución, e supón un dos claros símbolos polos que o pobo feroés determinou a súa autonomía con respecto o pobo danés.

Desde 1271, Noruega estableceu un monopolio comercial sobre todas as illas, o que influíu directamente na evolución da cidade. En 1580, construíuse a fortaleza Skansin para evitar os continuos saqueos por parte de piratas do Mar do Norte. En 1673 a cidade sería testemuña dun incendio que destruiría gran parte da parte antiga da cidade de Tinganes, o que supuxo a desaparición de múltiples documentos de grande importancia histórica. A finais do século XVIII, Tórshavn adquiriría o estatuto de cidade, adquirindo en 1866 a honra de ser a capital do arquipélago.

Na década dos anos 20 do século XX construiríase o porto na cidade, pasándose a converter nun importante punto de comercio e comunicacións na zona. Durante a segunda guerra mundial, e tras a ocupación de Dinamarca por tropas alemás, a cidade e todo o arquipélago serían ocupados polo exército británico. Co paso do tempo, localidades veciñas pasaron a incorporarse á comuna de Tórshavn: Hvítanes en (1974), Hoyvík en (1978), Argir en (1997), Kollafjørður en (2001) e, finalmente en 2005, Nólsoy, Hestur e Kirkjubøur.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A capital atópase situada xeograficamente no centro do arquipélago na costa sueste da maior illa, Streymoy. A súa localización é 62° norte, 6° 45' oeste. Ademais de delimitar co Océano Atlántico, a cidade atópase flanqueada polo monte Húsareyn (374 metros) ao norte e o monte Kirkjubøreyn (350 metros) ao sur.

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución da poboación do concello desde 1801

Ano Poboación
1801 554
1854 aprox. 900
1900 1.656
1950 5.607
1980 12.641
1990 14.689
1995 13.781
1997 15.844
1999 16.469
2002 12.620
2008 14.720

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Vel bygd ella bý í Tórshavnar kommunu" (en feroés). Arquivado dende o orixinal o 26 de marzo de 2020. Consultado o 28 de maio de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]