Saltar ao contido

Kim Cobb

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaKim Cobb

(2010) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1974 Editar o valor em Wikidata (49/50 anos)
Madison, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Yale
Universidade de California en San Diego
Pittsfield High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónclimatóloga , científica , profesora universitaria Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Brown (2022–)
Instituto de Tecnoloxía de Xeorxia (2004–2022)
Instituto Tecnolóxico de California, investigadora posdoutoral (2002–2004) Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeEmanuele Di Lorenzo
Premios

Páxina webshadow.eas.gatech.edu… Editar o valor em Wikidata
Twitter: coralsncaves Editar o valor em Wikidata

Kim Cobb, nada en Madison, Virxinia en 1974,[1] é unha climatóloga estadounidense, profesora da Escola de Ciencias da Terra e da Atmosfera do Instituto de Tecnoloxía de Xeorxia ademais de bolseira na Facultade de Enerxía de Xeorxia. Está particularmente interesada na oceanografía, na xeoquímica e na modelización do paleoclima.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cobb creceu en Pittsfield, Massachusetts.[2]Interesouse na oceanografía despois de asistir a unha escola de verán na Institución Oceanográfica de Woods Hole. Estudou bioloxía e xeoloxía na Universidade Yale, onde foi cada vez máis consciente das causas antropoxénicas do cambio climático. Deixou a súa primeira opción,que era estudar Medicina, e solicitou un programa de verán na Scripps Institution of Oceanography, onde se graduou en 1996.[3] Cobb completou o seu doutoramento en oceanografía en 2002, investigando eventos de El Niño nun núcleo de sedimento de Santa Bárbara.

Estivo dous anos no Instituto de Tecnoloxía de California realizando o seu posdoutoramento antes de unirse ao Instituto de Tecnoloxía de Xeorxia como profesora axudante no ano 2004. Publicou máis de 100 publicacións revisadas por pares en revistas influentes.[4] Cobb é membro do consello editorial de Geophysical Review Letters.. Converteuse en profesora titular en 2015 e supervisa a estudantado de doutoramento e mestrado.[5]

O grupo de investigación de Cobb busca entender o cambio climático global e identificar as causas naturais e antropoxénicas. A investigación de Cobb levouna en varias viaxes oceanográficas ao redor do Pacífico tropical e expedicións de espeleoloxía a través dos bosques chuviosos de Borneo. Céntrase nas corais e nas estalagmitas das covas, particularmente nas dos últimos séculos. O seu grupo xera rexistros de alta resolución das mostras que colleita, monitoreando a variabilidade climática, xerando modelos e caracterizando a variabilidade no Pacífico e Borneo. Ela mais o seu equipo recolleron antigos fragmentos de coral das illas de Kiribati e Palmira, envellecéronos con uranio-torio e logo usaron o ciclo de relación isotópica de osíxeno para medir a intensidade dos eventos de El Niño nos últimos 7 000 anos.[6][7]

No Instituto de Tecnoloxía de Xeorxia Cobb é profesora avanzada de "Diversidade institucional", como parte dos esforzos da Fundación Nacional de Ciencias para aumentar a representación e o avance das mulleres na ciencia e a enxeñaría.[8]

Política e compromiso público[editar | editar a fonte]

Cobb é membro do Panel de Ciencia Climática da Asociación Estadounidense para o Avance da Ciencia (AAAS), do Panel Internacional CLIVAR do Pacífico[a] e do Panel Internacional de Intersección PAGES-CLIVAR.[9] É membro do consello asesor do Instituto Leshner para a Participación Pública da AAAS.[10]

Cobb é unha defensora da divulgación coas comunidades, e dá conferencias de forma regular en escolas, universidades e outros espazos públicos sobre a ciencia do clima. Estivo involucrada en política e escribiu de varios artigos de divulgación sobre o cambio climático, tratando de inspirar a outros científicos do clima para que participasen no debate internacional.[11] Apareceu no documental de Showtime Planeta en perigo, que gañou varios premios Emmy. En Real Scientists, Cobb defende o estudo do paleoclima: "O rexistro instrumental do clima é demasiado curto para identificar algúns dos cambios máis importantes no clima baixo o efecto invernadoiro. Os datos do paleoclima están chegando ao rescate, observando secas pasadas, eventos extremos e cambios no nivel do mar".[12] Cobb fixo unha presentación na Marcha pola Ciencia en Atlanta, Xeorxia, en abril do 2017.[13][14]

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

Dende o principio da súa carreira Cobb recibiu varios premios. En 2007, gañou o premio NSF CAREER que outorga a Fundación Nacional para de Ciencias dos Estados Unidos[15] e o premio Georgia Tech's Education Partnership.[16] Un ano despois foi recoñecida como unha das mellores mozas científicas da nación, gañando o Premio Presidential Early Career para científcos e enxeñeiros (PECASE).[17]

En 2009 recibiu unha bolsa Kavli Frontiers of Science, que outorga o Institute for Particle Astrophysics and Cosmology.[15]

No 2010 gañou o premio EAS Undergraduate Research Mentor e a bolsa Poptech Science and Public Leadership .[18]

Ademais Cobb foi convidada ao Evento de Políticas de Flexibilidade no Foro da Casa Branca en 2011.[19]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. CLIVAR (Climate and Ocean: Variability, Predictability and Change) é un dos proxectos bandeira do Programa Mundial de Investigación do Clima (World Climate Research Programme (WCRP)).
Referencias
  1. "Dr Kim Cobb - Gender Summit". gender-summit.com. Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2022. Consultado o 2 de maio de 2022. 
  2. "Kim Cobb. Associate Professor, School of Earth and Atmospheric Sciences, Georgia Institute of Technology, USA.". Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2022. Consultado o 22 de febreiro de 2022. 
  3. "Coral Time Keeping with Kim Cobb". Real Scientists (en inglés). 7 de febreiro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2019. Consultado o 20 de agosto de 2018. 
  4. Earth, Kim M. CobbGeorgia Institute of Technology | GT · School of. "Kim M. Cobb | PhD SIO-UCSD, 2002 | Georgia Institute of Technology, Georgia | GT | School of Earth and Atmospheric Sciences" (en inglés). Consultado o 20 de agosto de 2018. 
  5. "Kim Cobb's Lab Research". shadow.eas.gatech.edu. Arquivado dende o orixinal o 8 de setembro de 2018. Consultado o 20 de agosto de 2018. 
  6. "Corals tie stronger El Niños to climate change". Science (en inglés). 8 de decembro de 2016. Consultado o 20 de agosto de 2018. 
  7. "Geophysical Research Letters :" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2020. Consultado o 20 de agosto de 2018. 
  8. "NSF’s uphill road to making prestigious early career award more diverse". Science | AAAS (en inglés). 26 de abril de 2017. Consultado o 20 de agosto de 2018. 
  9. "Pacific Region Panel | www.clivar.org". Consultado o 20 de agosto de 2018. 
  10. "Leshner Leadership Institute for Public Engagement with Science". AAAS - The World's Largest General Scientific Society (en inglés). 7 de abril de 2015. Consultado o 20 de agosto de 2018. 
  11. "Kim Cobb’s view". RealClimate (en inglés). Consultado o 20 de agosto de 2018. 
  12. "Coral Time Keeping with Kim Cobb". Real Scientists (en inglés). 7 de febreiro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2019. Consultado o 20 de agosto de 2018. 
  13. "Ep 7: Kim Cobb and the March for Science". Evidence Squared (en inglés). 10 de abril de 2017. Arquivado dende o orixinal o 08 de setembro de 2018. Consultado o 20 de agosto de 2018. 
  14. Stand up for Science Rally - Kim Cobb (YouTube). 22 de decembro de 2016. 
  15. 15,0 15,1 "Cobb, Dr. Kim". Georgia Tech. Consultado o 2 de maio de 2022. 
  16. "Kim Cobb and K. Salome receive Georgia Tech's Education Partnership Award. | School of Earth and Atmospheric Sciences". 15 de setembro de 2017. Archived from the original on 15 de setembro de 2017. Consultado o 20 de agosto de 2018. 
  17. "Two Georgia Tech Faculty Honored by the White House". Consultado o 20 de agosto de 2018. 
  18. "Science and Public Leadership Fellows Kim Cobb on reconstructing climates and Brian Hare on studying bonobos". PopTech. Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2016. Consultado o 02 maio de 2022. 
  19. "The White House Forum on Workplace Flexibility - Workplace Flexibility 2010" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de agosto de 2018. Consultado o 20 de agosto de 2018.