Kenneth Noland
(1971) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 10 de abril de 1924 Asheville |
| Morte | 5 de xaneiro de 2010 Port Clyde |
| Causa da morte | cancro de ril |
| Educación | Black Mountain College |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Arte abstracta e arte visual |
| Ocupación | pintor, gravador, profesor universitario, artista visual |
| Período de actividade | 1949 |
| Empregador | Universidade Católica de América |
| Membro de | |
| Xénero artístico | Arte abstracta |
| Movemento | Arte abstracta e Expresionismo abstracto |
| Influencias | |
| Representante | Pace Gallery (en) |
| Carreira militar | |
| Participou no conflito | Segunda Guerra Mundial |
| Participou en | |
| 27 de xuño de 1968 | Documenta 4 |
| Familia | |
| Cónxuxe | Paige Rense |
| Fillos | Cady Noland |
| Premios | |
Kenneth Noland, nado en Asheville o 10 de abril de 1924, e finado o 5 de xaneiro de 2010, foi un pintor abstracto estadounidense, un dos máis importantes cultivadores do estilo color field.[1] Tamén, nos anos cincuenta, practicou o expresionismo abstracto, e nos anos sesenta, o minimalismo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Entre 1946 e 1948, Noland asistiu a clases no Black Mountain College. Identifícase como un expresionista abstracto. Amigo de Morris Louis, ambos adoptaron a técnica de Helen Frankenthaler de deixar gotear a pintura acrílica sobre o lenzo.
Noland traballa con pintura acrílica aplicada directamente ao lenzo, creando obras cuxas cores brillantes xustapostas producen unha sensación de vibración óptica.
Os seus temas principais son círculos concéntricos, chevrons, rombos e longas listas paralelas, deixando a miúdo grandes espazos de lenzo en branco como parte integrante da composición.
Interésalle a adaptación das zonas coloreadas aos límites do marco do cadro.
En canto aos formatos das súas obras, destacan as diagonais e os enormes lenzos rectangulares a base de franxas de cor superpostas.[2][3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cf. Roberta Smith, «Kenneth Noland, Color Field Artist, Is Dead at 85», en artsbeat.blogs.nytimes.com, 5-1-2010.
- ↑ "Kenneth Noland." Contemporary Artists, 4ª ed. St. James Press, 1996. Biography Resource Center. Farmington Hills, Mich.: Thomson Gale. 2005 (Inglés)
- ↑ Kenneth Noland en a Artcyclopedia
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Kenneth Noland Arquivado 07 de marzo de 2023 en Wayback Machine. (en inglés)