Ken Andrews

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ken Andrews
Ken Andrews 2014.jpg
Nome completoKenneth Andrew Doty
Nacemento18 de xuño de 1967 (53 anos)
OrixeSeattle, Washington
Ocupacióncantante, enxeñeiro de son, produción musical, compositor e guitarrista
Relacionado conFailure, Replicants, ON, The Wondergirls, Year of the Rabbit, Digital Noise Academy
Tempo en activo1990 - presente
Na rede
kenandrews.com
editar datos en Wikidata ]

Ken Andrews, nado como Kenneth Andrew Doty o 18 de xuño de 1967, é un músico, cantante, compositor e produtor estadounidense. Andrews naceu en Seattle, Washington, e estudou nunha escola de cine nos Ánxeles antes de que a súa banda Failure asinase un contrato co selo Slash Records.

Carreira[editar | editar a fonte]

Andrews é coñecido sobre todo por ser cofundador, principal vocalista, guitarrista, baixista e co-compositor da banda de rock alternativo Failure. Tamén tocou en Replicants, unha banda de versións onde tamén tocaban membros de Tool.[1] Tras a separación de Failure en 1997 gravou música baixo o nome de ON, e posteriormente montou e liderou a banda Year of the Rabbit. Andrews tocou en solitario, ademais de colaborar nunha "banda dixital" chamada Digital Noise Academy con Justin Meldal-Johnsen, Sharky Laguana (Creeper Lagoon), Jordon Zadorozny e Charlotte Martin (coa que Andrews casou en 2005), entre outros. En 2014 Andrews reuníuse cos membros de Failure Greg Edwards e Kellii Scott. Xuntos iniciaron unha xira por Norteamérica, que incluíu dúas datas con A Perfect Circle e Puscifer para celebrar o 50 aniversario de Maynard James Keenan.[2]

Ademais do seu traballo como músico, Andrews tamén produxo e mesturou material de moitos artistas, como Nine Inch Nails, Beck, Lostprophets, Pete Yorn, A Perfect Circle, Tenacious D, Black Rebel Motorcycle Club, Candlebox ou Mae, entre outros. Tamén destaca a súa participación na produción de "You Know My Name", o tema para a película do 2006 de James Bond Casino Royale, interpretada polo líder de Soundgarden Chris Cornell.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Replicants | Biography & History". AllMusic (en inglés). Consultado o 2019-11-02. 
  2. Epting, Chris. "Maynard James Keenan Celebrates His 50th Birthday in Style". Loudwire (en inglés). Consultado o 2019-11-02.