Keizō Yasumatsu
Nome orixinal | (ja) 安松京三 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1 de marzo de 1908 Toquio |
Morte | 25 de xaneiro de 1983 Fukuoka |
País de nacionalidade | xaponesa |
Educación | Universidade de Kyūshū |
Actividade | |
Ocupación | entomólogo |
Empregador | Universidade de Kyūshū |
Lingua | francés, inglés, latín, xaponés |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Yasumatsu |
Premios | |
Keizō Yasumatsu, tamén coñecido como Keizo Yasumatsu, nado o 1 de marzo de 1908 en Toquio e finado o 25 de xaneiro de 1983, foi un entomólogo xaponés.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Keizō Yasumatsu fixo os seus primeiros estudos en Fukuoka, e graduouse na Universidade de Kyūshū (daquela Universidade Imperial de Kyūshū) en 1933. O seu principal profesor foi o doutor Teiso Esaki, un dos entomólogos máis distinguidos daquela época, que foi o primeiro profesor de Entomoloxía da Universidade de Kyūshū.[2]
Doutorouse nesa Universidade en 1945, cunha tese titulada "Algunhas análises sobre o crecemento dos insectos, con especial referencia a un fásmido, Phraortes kumawzotoensis Shiraki". En 1933 foi nomeado membro do persoal non regular no laboratorio entomolóxico da Facultade de Agricultura da Universidade de Kyūshū. Durante tres anos, desde 1936 o doutor Yasumatsu traballou como conselvador asistente do laboratorio biolóxico Hikosan, a uns 90 km ao leste da cidade de Fukuoka, que era unha das institucións de investigación dependentes da Universidade de Kyūshū. Durante estes anos realizou estudos intensos sobre a bioloxía de moitos insectos. Dado que o laboratorio está situado nas ladeiras do monte Hikosan (a 1 200 m), tiña un cómodo acceso a moitos insectos para estudos de campo. En 1939 foi nomeado axudante de entomoloxía, e foi trasladado de novo ao laboratorio de entomoloxía da Facultade de Agricultura da Universidade de Kyūshū. Foi ascendido a profesor asociado de entomoloxía en 1942, e profesor de entomoloxía en 1958, momento no que sucedeu ao profesor Teiso Esaki que faleceu aos 58 anos en 1957. Despois de 38 anos de servizo retirouse en marzo de 1971.[2]
A primeira contribución do profesor Yasumatsu á entomoloxía publicouse en 1928, cando tiña 20 anos, sobre a área de distribución da bolboreta Japonica lutea, que rexistrou en Kyūshū por primeira vez.[2]
K. Yasumatsu é coñecido, entre outras cousas, por ser o descritor da especie Dryocosmus kuriphilus, a avespa do castiñeiro.[3]
Obras
[editar | editar a fonte]Foi o autor de 64 obras en 108 publicacións. As máis destacadas poden verse aquí.[4]
Abreviatura
[editar | editar a fonte]A abreviatura Yasumatsu emprégase para recoñecer a Keizō Yasumatsu como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Keizō Yasumatsu (1908-1983) na BnF.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Hirashima 1983, pp. 1-7.
- ↑ Avespa do castiñeiro, (PDF). [Díptico] Xunta de Galicia.
- ↑ Yasumatsu, Keizô en WorldCat.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Hirashima, Yoshihiro (1983): "Keizo Yasumatsu (1908-1983)", Esakia, 20: 1-7.