Karl Löwith

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaKarl Löwith
Biografía
Nacemento9 de xaneiro de 1897 Editar o valor em Wikidata
Múnic, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Morte26 de maio de 1973 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Heidelberg, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaNeuenheim cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Múnic
Universidade de Freiburg im Breisgau Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Heidelberg
Marburgo Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfilósofo , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Heidelberg
Universidade de Freiburg im Breisgau
Universidade de Tohoku (pt) Traducir
Universidade Philipps de Marburgo
The New School (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
ProfesoresMartin Heidegger Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoPrimeira guerra mundial Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
PaiWilhelm Löwith (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

iTunes: 463441804 Discogs: 4290154 Editar o valor em Wikidata

Karl Löwith, nado en Múnic o 9 de xaneiro de 1897 e finado en Heidelberg o 26 de maio de 1973, foi un dos primeiros discípulos de Heidegger, para ser logo un dos seus máis agudos críticos. Ambos os dous coñecéranse a través de E. Husserl en Friburgo, alá polos anos vinte.

Biografía[editar | editar a fonte]

Alumno de Edmund Husserl e de Martin Heidegger, Löwith abandonou Alemaña en 1936 por mor da súa orixe xudía. Viviu durante algúns anos no Xapón, onde quedou fascinado pola relación da filosofía zen cunha nada non orixinada no nihilismo. En 1941 trasladouse aos Estados Unidos, e regresou logo a Alemaña, onde ensinou na Universidade de Heidelberg. Löwith considera o desenvolvemento do pensamento europeo como un proceso de secularización da visión teolóxico-bíblica da historia, caracterizada á súa vez pola esperanza dun futuro escatolóxico. Para distanciarse da violencia do logos occidental, Löwith oriéntase a unha natureza non considerada como historia, destino nin creación, e na que a morte é unha compoñente ante a cal o suxeito non atopa a súa autenticidade.

Obra[editar | editar a fonte]

Dez anos despois da publicación de Von Hegel zu Nietzsche (De Hegel a Nietzsche), que foi concluído no Xapón no momento en que se iniciaba a segunda guerra mundial, Weltgeschichte und Heilsgeschehen (Historia do mundo e salvación) é sen dúbida a obra principal de Karl Löwith, a que exerceu a influencia máis duradeira sobre a filosofía política en tanto é unha das fontes principais dun tema central no debate contemporáneo: o da secularización. Obra singular, estreitamente ligada co destino persoal do seu autor, foi publicada por primeira vez nos Estados Unidos, en 1949, baixo o título Meaning in History, e traducida ao alemán por Hanno Kesting, versión que -revisada e completada polo mesmo Löwith, e publicada en 1953- foi a utilizada para a edición de Katz Editores. Na mesma, Löwith, repasa as filosofías da historia de filósofos como Burckhardt, Marx, Hegel, Voltaire ou Vico co propósito de mostrar as implicacións teolóxicas da filosofía da historia: a filosofía da historia descansa sobre orzamentos teolóxicos xeralmente ignorados ou negados. Löwith non pregoa o retorno a unha visión teolóxica das cousas humanas; somete a exame crítico as bases comúns da teoloxía e da filosofía da historia, e apela a unha interrogación dos fundamentos metafísicos que pasaron desapercibidos para a racionalidade occidental durante longo tempo (dunha maneira análogo a como Heidegger o fixera respecto da imbricación entre teoloxía e ontoloxía).

Obras[editar | editar a fonte]