Karl Fogel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Karl Fogel
NacionalidadeAlemaña
OcupaciónProgramador
PremiosO'Reilly Open Source Award
editar datos en Wikidata ]

Karl Fogel é un autor estadounidense[1], programador, director executivo da organización sen ánimo de lucro About QuestionCopyright[2], e antigo membro da xunta da Open Source Initiative onde desenvolveu a tarefa de tesoureiro. O seu traballo, Creando Software Libre, é unha fonte de información ben referenciada sobre o lado humano do software de fonte aberta.[3][4] Fogel actualizou este libro con licenza Creative Commons (CC BY-SA 4.0) a unha segunda edición no ano 2017[5] mediante unha exitosa campaña de crowdfunding en Kickstarter.com.[6]

Obra traducida ao galego[editar | editar a fonte]

Capa para o libro deseñada por Ana García.

A obra Creando Software Libre foi traducida para o idioma galego grazas ao traballo totalmente voluntario de máis de 11 persoas coordinadas pola Asociación GHANDALF[7], tendo esta edición galega a mesma licenza libre que a orixinal e sendo o maquetado feito con software libre. O autor realizóu un prólogo especial para a versión en galego, que conta ademais cun poema da poetisa Yolanda Castaño, e un epílogo do escritor Suso de Toro.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Updating Producing Open Software for 2nd Edition". Kickstarter. 
  2. "Copying is never theft". About Question Copyright. 
  3. "Book Review of Karl Fogel's "Producing Open Source Software"". Groklaw. Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2016. 
  4. "Producing Open Source Software". Producing Open Source Software. 
  5. "2nd Edition completed.". Kickstarter. 
  6. Fogel, Karl. "Libro en pdf" (PDF). Producingoss (en inglés). 
  7. "Proxecto de tradución ao galego Poss-gl". producingoss. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]