Un grupo de persoas interesadas no software libre e en GNU/Linux decidiron introducir un termo de mercadotecnia para o software libre, procurando posicionalo como amigable para negocios e con menos carga ideolóxica na súa competencia co software propietario. Isto conduciu á creación do termo Open Source (código aberto) e ao cisma con Richard Stallman e coa súa Fundación do Software Libre.
O termo "Open Source" foi extensamente tratado pola prensa desde 1998, aínda que a miúdo mal entendido.
Moitas empresas acolléronse á idea dun sistema operativo alternativo de software aberto.
A Open Source Initiative puido publicar memoranda interna de Microsoft, os documentos de Halloween, nos que se amosou a Microsoft como opoñente de GNU/Linux e onde se suxiren varios métodos para eliminar ao software aberto.
A Open Source Initiative segue activa, pero non publicamente visible en épocas recentes. Russ Nelson asumiu a presidencia da organización dende o 31 de xaneiro de 2005 sucedendo a Eric S. Raymond.