Kang Gyeong-ae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaKang Gyeong-ae

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento20 de abril de 1907 Editar o valor em Wikidata
Songhwa County (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte26 de abril de 1944 Editar o valor em Wikidata (37 anos)
Hwanghae, Dinastía Joseon (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteDoenza Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImpério Coreano (pt) Traducir
Coreia sob domínio japonês (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
EducaciónDongduk Girls' High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPoesía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpoeta , escritora , autobiógrafa Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua coreana Editar o valor em Wikidata

Kang Kyeong-ae, nada en Songhwa (provincia de Hwanghae) o 20 de abril de 1907 e finada o 26 de abril de 1944, foi unha escritora e activista do feminismo coreana,[1] tamén coñecida como Kang Gama.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era filla dunha criada, e quedou orfa de pai aos cinco anos. Foi vivir a Changyeon, onde a súa nai volveu casar cun home con tres fillos. Estes cambios na súa vida fixérona infeliz.[2] Aprendeu pola súa conta a ler o alfabeto coreano con oito anos nunha copia do libro Chunhyangga do seu medio pai, nunha época na que non se valoraba que as mulleres soubesen ler e escribir. Aos dez anos os maiores da veciñanza, aos que lía contos tradicionais coreanos, chamábana "a landriña contacontos"[2]

Un seu medio irmán axudouna a entrar nun colexio católico con internado, do que foi expulsada tempo despois por organizar e participar nunha sentada en protesta contra as normas estritas da escola, especialmente contra a cruel ama de chaves da residencia. Coñeceu un estudante universitario de Toquio que estivo de visita, mudáronse a Seúl e iniciaron un romance. Cando a relación rematou ela regresou á súa casa familiar en Hwanghae-do.[2]

En 1931 publicou a súa primeira obra, P'ag ŭm ("O Xeomungo roto")[3], e mudouse a Manchuria logo de casar cun comunista divorciado da súa primeira muller. Viviu como ama de casa en Yongjin e empezou a escribir máis durante sete anos. Despois pasou a ser editora do xornal Chosun Ilbo e deixou de escribir ficción.[2]

O 26 de abril de 1944, un mes despois da morte da súa nai,[2] Kang Kyeong-ae faleceu na súa casa na provincia de Hwanghae.

Obra[editar | editar a fonte]

A crítica literaria cítaa como unha das mellores escritoras da época da ocupación xaponesa de Corea.[3] A diferenza doutras importantes escritoras da época como Na Hye-Sok e Heo Jung-suk, dedicouse só a escribir e non cultivou outras formas de arte como a pintura. As súas obras falan da clase baixa coreana, decote baseándose na súa propia experiencia da extrema pobreza na que vivían os coreanos en Manchuria, onde están situadas moitas das súas obras. Tamén escribiu obras protofeministas centrándose na opresión da muller, como Eomeoni wa ttal ("Nais e fillas").[4] A maior parte das súas obras son contra o amor e contra a familia, e nelas só as mulleres que rompen os seus vínculos coas relacións que fracasaron poden conseguir a liberdade.[3] Ingan munje ("O problema humano"), considerada a súa mellor obra, é a súa única novela e trata de varios problemas de clase e xénero na historia dun home cultivado que ten problemas económicos e que ao final encontra unha morte infeliz.[4]

Obras en coreano[editar | editar a fonte]

  • Pageum ("O Xeomundo roto", 1931)
  • Eomeoni wa ttal ("Nais e fillas", 1931)
  • Hyeseong "O cometa", 1931)
  • Jaeilseon ("A liña da fronte", 1932)
  • Chaejeon ("A horta", 1933)
  • Chukgu jeon ("O partido do fútbol", 1933)
  • Yumu 有無 ("Existencia, non existencia", 1933)
  • Buja ("Pais e fillos", 1934)
  • Ingan munje ("O problema humano", 1934)
  • Sogeum ("A Sal", 1934)
  • Mayak ("A medicina máxica")
  • Moja (Nai e fillo", 1935)
  • Wongoryo Ibaekwon ("A paga dun escritor: 200 wons", 1935)
  • Haego ("O despido", 1935)
  • Jihachon ("A vila baixo terra", 1936)
  • Sannam ("O home da montaña", 1936)
  • Eodum ("Escuridade", 1937)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Kang Kyung Aae". LTI Korea Datasheet. Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2013. Consultado o 10 de setembro de 2019. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Kang Kyeong-ae". Feminist Press. Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2011. Consultado o 3 de maio de 2011. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Lee, Peter H., ed. (2003). A History of Korean Literature. Cambridge: Cambridge University Press. p. 412. 
  4. 4,0 4,1 "AuthorApp". Korean Literature Translation Institute. Arquivado dende o orixinal o 05 de maio de 2011. Consultado o 3 de maio de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]