MBC

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
MBC
Munhwa Broadcasting Company.svg
Propiedade de The Foundation of Broadcast Culture: 70%

Fundación Jeong-Su: 30%

País Corea do Sur
Sede central Seúl
Páxina web http://www.imbc.com
Sede da MBC no Sagam Center en Seúl.
Sede da MBC nas décadas de 1970 e 1980
Reporteiro e técnicos da MBC realizando unha entrevista na rúa.

A MBC[1] ou Munhwa Broadcasting Corporation ( en coreano 문화방송주식회사 Munhwa Bangsong Jusikhoesa) é unha compañía pública de radiotelevisión de Corea do Sur que se estableceu o 21 de febreiro de 1961 comezou a emitir o 2 de decembro dese ano. Está participada dende 1988 maioritariamente por unha fundación pública[2] e conta cunha rede con 16 estacións locais[3].

Historia[editar | editar a fonte]

Era radiofónica (1961-1968)[editar | editar a fonte]

O 2 de decembro de 1961 comezou a emitir dende Seúl a emisora de radio da MBC so o indicativo HLKV como emisora privada. O 12 de abril de 1963 estableceu oficinas rexionais nas principais cidades: Busan, Daegu, Gwangju, Daejeon e Jeonju que con Seúl conformaron unha rede nacional a partir de 1964.

Era da televisión en branco e negro (1969-1980)[editar | editar a fonte]

O 8 de agosto de 1969 comezou a transmitir sinais de televisión, co indicativo HLAC-TV e o 5 de outubro de 1970 principio a emitir o seu telexornal, o MBC Newsdesk e tras chegar a acordos con sete estacións comerciais, en Ulsan, Jinju, Gangnueng, Chuncheon, Mokpo, Jeju e Masan ao longo de 1968 e 1969, comezou a emitir para toda Corea do Sur cunha rede de 13 estacións rexionais. En 1974 principiou as emisións de radio en FM e aliouse co xornal Kyunghyang Shinmun.

Era da televisión en cor (1980-1990)[editar | editar a fonte]

En 1980 o goberno de Chun Doo-hwan estatilizou a compañía[4] tras a promulgación da lei básica de prensa e desfíxose a sociedade que tiña co Kyunghyang Shinmun e o 65% das súas accións pasaron á compañía pública KBS. O 22 de decembro de 1981 comezou a emitir en cor para Seúl e o 1 de xaneiro de 1981 para o resto do país. En 1981 a MBC fundou o equipo profesional de béisbol, o MBC Cheongryong. Dous acontecementos deportivos celebrados en Seúl na década de 1980 marcaron os avances tecnolóxicos na cadea, os Xogos de Asia de 1986 e os Xogos Olímpicos de 1988.

Era multimedia (1991-2000)[editar | editar a fonte]

Logo de medrar rapidamente ata se converter nunha gran corporación que cubría a meirande parte dos acontecementos internacionais, a MBC estableceu compañías especializadas: MBC Production, MBC Media Tech, MBC Broadcast Culture Center, MBC Arts Company, MBC Arts Center converténdoas en subsidiarias para competir mellor nunha época que estaba mudando en multimedia.

Equipo de presentadores para acontecementos de béisbol de MBC Sports+ en 2015

Era dixital (dende 2001)[editar | editar a fonte]

Un estudio da emisora de radio MBC FM4U nunha unidade móbil.

Como a converxencia entre radiodifusión e comunicación proseguía a súa aceleración, MBC fixo á súa subsidiaria para internet, iMBC, unha corporación independente. Comezou a operar por cable (MBC Plus Media), satélite, DMB e a emitir as 24 horas pola televisión terrestre. En 2007 estableceu un centro de produción dixital, o Ilsan Dream Center e en setembro de 2014 rematou a construción da súa nova sede central. En 2007 constituíu unha nova subsidiaria, MBC America, con sede nos Ánxeles para distribuír a súa programación polos Estados Unidos e o 1 de agosto de 2008 creou MBC-D, unha rede de televisión para transmitir en subcanles dixitais de varias estacións de televisión dese país.

Canles[editar | editar a fonte]

Televisión[editar | editar a fonte]

  • MBC TV, é a canle de televisión insignia da cadea.
  • MBC Drama, canle por cable e satélite dedicada ás series coreanas.
  • MBC Sports+, canle por cable e satélite dedicada aos deportes.
  • MBC Every1, canle por cable e satélite dedicada ao entretemento.
  • MBC On, canle por cable e satélite dedicada ás series clásicas coreanas.
  • MBC M, canle por cable e satélite dedicada á música.

Radio[editar | editar a fonte]

  • MBC Standard FM, emisora de radio principal da cadea e que emite programación variada: novas, deportes, entretemento.
  • MBC FM4U, emisora dedicada á música pop e o entretemento.
  • Channel M, emisora musical que só transmite para Seúl de xeito dixital.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A cadea emprega as súas siglas en inglés como imaxe corporativa
  2. "Who We Are" FBC
  3. "About MBC" MBC
  4. Chunhyo Kim (2016) Samsung, Media Empire and Family: A power web Routledge, p. 19