Saltar ao contido

Köthen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaKöthen
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 51°45′04″N 11°58′25″L / 51.7511, 11.9736
EstadoAlemaña
Estado federadoSaxonia-Anhalt - Sachsen-Anhalt
Rural district of Saxony-Anhalt (en) TraducirAnhalt-Bitterfeld (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Q1787373 Traducir (–1994)
Anhalt-Bitterfeld (pt) Traducir (2007–) Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación25.116 (2022) Editar o valor en Wikidata (320,19 hab./km²)
Xeografía
Superficie78,44 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude80 m Editar o valor en Wikidata
Organización política
Membro de
Mayors for Peace (en) Traducir (2010–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal06366, 06369 e 06388 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico03496 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webkoethen-anhalt.de Editar o valor en Wikidata
Facebook: stadt.koethen Instagram: stadtportal_koethen_anhalt Editar o valor en Wikidata

Köthen (en alemánDe-Köthen.ogg escoitar) é unha cidade de Saxonia-Anhalt (Alemaña). É a capital do distrito de Anhalt-Bitterfeld, a uns 30 km ao norte de Halle.

En Köthen está situado o principal campus e o centro administrativo da universidade rexional, a Universidade de Ciencias Aplicadas de Anhalt/Hochschule Anhalt, que destaca especialmente en tecnoloxía. A cidade está nas confluencias de varias liñas ferroviarias importantes como a Magdeburg-Leipzig, Dessau–Köthen e Köthen–Aschersleben.

Köthen está situada nunha área fértil, e a súa industria inclúe a enxeñería de alta tecnoloxía, a fabricación de grúas, así como produtos químicos, a impresión, e os produtos alimenticios.

A igrexa de S. Xacobe de Köthen.

Debido ao solo fértil da rexión, a área de Köthen é extraordinariamente rica en achados arqueolóxicos. Os primeiros signos de ocupación humana datan da Idade de Pedra temperá, ao redor de hai 250.000 anos, e as evidencias de cada período histórico poden verse nas coleccións do Museo de Prehistoria local.

O primeiro documento que fai mención de "Cothene" data do ano 1115; en torno a 1194 xa era coñecida como un núcleo comercial, converténdose no trono dos príncipes de Anhalt. Durante uns dous séculos (1603–1847) foi a capital do principado independente (dende 1806, ducado) de Anhalt-Köthen.

Samuel Hahnemann, o fundador da homeopatía, exerceu en Köthen dende 1821 a 1834, e durante este período publicou moitas das súas obras máis coñecidas. En 1855 o seu discípulo Arthur Lutze abriu unha clínica homeopática palaciana. A cidade converteuse no centro nacional da homeopatía, centro de congresos, e sede da nova Biblioteca Homeopática Europea.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A cidade de Köthen está situada ao sur de Magdeburgo, ao norte de Halle, ao leste de Dessau e ao oeste de Bernburg. Ao norte do distrito de Köthen comeza a reserva biosférica do río Elba (Biosphärenreservat Flusslandschaft Mittlere Elbe).

Subdivisións

[editar | editar a fonte]

As subdivisións administrativas (Ortsteile) do concello son:

  • A cidade de Köthen coas súas subdivisións Porst e Elsdorf (dende 1961) e Merzien, Zehringen, e Hohsdorf (dende 1994).

Logo da reestruturación administrativa de 2004 incorporáronse as seguintes vilas:

  • Baasdorf coas súas subdivisión Arensdorf e Gahrendorf.
  • Dohndorf.
  • Löbnitz an der Linde.
  • Wülknitz.

A cidade foi sempre coñecida polos entusiastas da música clásica como o lugar de orixe das máis famosas obras seculares do compositor alemán Johann Sebastian Bach, estando entre estas os Concertos de Brandenburgo e Das Wohltemperierte Klavier. Bach traballou en Köthen dende 1717 ata 1723 como Kapellmeister (mestre de capela) para o Príncipe Leopold von Anhalt-Köthen. É tamén a cidade na que naceu o compositor Carl Friedrich Abel, quen xunto con Johann Christian Bach, fundaron os populares "Bach-Abel Concerts" en Londres, os primeiros concertos de abono en Inglaterra.

O castelo de Köthen foi totalmente restaurado excepto unha pequena á lateral bombardeada en 1944. O seu Salón dos Espellos no que hoxe en día soa a música de Bach é un popular atractivo. Pode verse na gravación en DVD dos Concertos de Brandenburgo da Freiburger Barockorchester. Dende 1967 celébrase en Köthen un Festival Bach bianual, no que se empregan varios salóns do castelo e igrexas locais. En 2008 abriuse unha nova sala de concertos.

Lugares de interese

[editar | editar a fonte]
Monumento a J.S. Bach en fronte á casa na que a familia do compositor viviu entre 1719 e 1723.
A á sur do castelo (Ludwigsbau). Nela se encontra o Salón dos Espellos e a capel.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Klaus Conermann: Die Sammlungen Fürst Ludwigs im Köthener Schloss, in: Wolfenbütteler Barock-Nachrichten 16 (1989), 73-91
  • Gerhard Dünnhaupt: Die Fürstliche Druckerei zu Köthen. Frankfurt/M.: Buchhändler-Vereinigung 1979 (AGB XX.4). ISBN 3-7657-0934-4
  • Günther Hoppe, Werner Grossert, Matthias Freundel, Viktor Samarkin: Köthen (Anhalt) zwischen den Jahren 1115 und 1949. Vier Beiträge zur Stadtgeschichte. Köthen, 1991.
  • Gottlieb Krause: Ludwig, Fürst zu Anhalt-Cöthen und sein Land. 3 tomos. Köthen u. Neusalz 1877-79

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]