Königssee
Aparencia
| Tipo | lago | |||
|---|---|---|---|---|
| Localizado na área protexida | Parque Nacional de Berchtesgaden (pt) | |||
| Localización | ||||
| País da cunca | Alemaña | |||
| División administrativa | Schönau am Königssee, Alemaña | |||
| ||||
| Efluente do lago | Königsseer Ache (en) | |||
| Características | ||||
| Altitude | 603 m | |||
| Profundidade | 190 m | |||
| Dimensións | 1,225 ( | |||
| Perímetro | 20 km | |||
| Superficie | 5,22 km² | |||
| Superficie da cunca hidrográfica | 136,48 km² | |||
| Medicións | ||||
| Volume físico | 0,51179 km³ | |||

O Königssee (en galego, lago do rei) é un lago localizado no municipio de Schönau am Königssee, no sur do estado de Baviera, en Alemaña. Forma parte do Parque Nacional Berchtesgaden. Ao oeste álzase o monte Watzmann, a tercera montaña máis alta do país.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Ten forma alongada e está arrodeado de altas montañas. Conta cunha profundidade máxima de 190 m, o cal o converte no terceiro lago máis profundo de Alemaña. O seu principal afluente é o lago Ober, ao sueste. O Königsee é rico en troitas. Formouse durante a última glaciación.
O lago contén unha illa rochosa de 1260 m², Christlieger, a 250 m da beira norte.
Diversos pintores paisaxistas retrataron o lago nos seus cadros.
As inmediacións do lago foron un couto de caza dos reis de Baviera.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Königssee |
