Saltar ao contido

Kélétigui Diabaté

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaKélétigui Diabaté
Biografía
Nacemento1931 Editar o valor en Wikidata
Malí Editar o valor en Wikidata
Morte30 de novembro de 2012 Editar o valor en Wikidata (80/81 anos)
Bamaco, Malí Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico, guitarrista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2012 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
InstrumentoSaxofón, balafon e violín Editar o valor en Wikidata

Musicbrainz: fd9e57f8-8dcc-4f65-be8b-fa3b9c8e04ee Discogs: 628471 Allmusic: mn0000071572 Editar o valor en Wikidata

Kélétigui Diabaté, nado 1931 e finado en Bamaco o 30 de novembro de 2012,[1] foi un músico maliano, considerado un "mestre sen disputa" do balafon,[2] e unha das "meirandes figuras da música contemporánea de Malí".[3]

Biografía

[editar | editar a fonte]

Diabaté naceu en 1931 nunha familia de músicos de sona, e aprendeu a tocar a guitarra e o saxofón así como o balafon. A finais dos anos 50, axudou a formar a "Orchestre de la Garde Républicaine", que fixo xira por África Occidental. Converteuse en membro fundador, como guitarrista, da L'Orchestre National "A" da République de Mali, tamén coñecida como Formación A, que se constituíu coa independencia de Malí en 1960. Un álbum da banda foi lanzado tardiamente en Alemaña en 1970.

Máis tarde uniuse ós Les Ambassadeurs, a banda liderada polo cantante Salif Keita despois de 1972.[4] Desenvolveu o seu estilo de interpretación en concertos con músicos de jazz americanos, incluíndo o vibrafonista Lionel Hampton e a cantante Ella Fitzgerald, durante unha xira nos Estados Unidos en 1978, patrocinada pola Rockefeller Foundation,[3] e a partir de entón empregou a miúdo dous balafon xuntos, compensados cun semitón.[2]

Volveuse unir a Salif Keita en 1989, interpretando no álbum de Keita Ko-Yan, e noutros álbums de varios artistas, incluíndo a Zap Mama, Ketama e Bonnie Raitt.[3] Dende 1993, tocou coa Symmetric Orchestra, liderada polo intérprete de kora Toumani Diabaté.[4] Entre 1998 e 2009, interpretou como guitarrista da banda de Habib Koité Bamada, tomando parte no proxecto de xiras do grupo co Art Ensemble of Chicago, The Art Ensemble of Africa. Tamén gravou o seu propio álbum, Sandiya, en 2004, co selo musical belga Contre-Jour.[3]

Diabaté finou en Bamaco en novembro de 2012 á idade de 81 anos.[1] El seguiu actuando ata un mes antes do seu pasamento.[3]

  1. 1,0 1,1 AFP, Renowned Malian musician Keletigui Diabate dies, 1 de decembro de 2012. Consultado o 3 de decembro de 2012
  2. 2,0 2,1 Kélétigui Diabaté at African Guild. Consultado o 3 de decembro de 2012
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Cumbancha.com, Kélétigui Diabaté (1931-2012) Arquivado 06 de decembro de 2012 en Wayback Machine.. Consultado o 3 de decembro de 2012
  4. 4,0 4,1 Biography by Craig Harris at Allmusic.com. Consultado o 3 de decembro de 2012