Semitón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Na música occidental, o semitón é a distancia máis pequena entre dúas notas. Un semitón pode ser diatónico, se se produce entre dúas notas da escala diatónica (si-do), ou cromático, se corresponde a unha nota intermedia entre dúas da escala diatónica (re-re sostido).

O semitón na música temperada corresponde á metade dun ton. Noutros sistemas de afinación varía, sendo nalgúns o semitón diatónico menor que no cromático e noutros maior. Aínda que a maioría da música interpretada utiliza a escala temperada, algúns instrumentos (como o violín e o clarinete) utilizan outros sistemas.

Un semitón correspóndese coa duodécima parte do intervalo que separa as frecuencias dunha nota e a súa oitava (na música temperada occidental). Tendo en conta que cada oitava dobra a frecuencia da nota, un semitón corresponderase a unha menor diferenza de frecuencia a medida que aumente a altura das notas consideradas.