Saltar ao contido

János Starker

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJános Starker

(2009) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de xullo de 1924 Editar o valor en Wikidata
Budapest, Hungría Editar o valor en Wikidata
Morte28 de abril de 2013 Editar o valor en Wikidata (88 anos)
Bloomington, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónAcademia Franz Liszt Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoCello music performance (en) Traducir e educación musical Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónvioloncellista, editor literario, academic musician (en) Traducir, musicólogo, profesor de música Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Indiana (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoMúsica clásica Editar o valor en Wikidata
ProfesoresAdolf Schiffer (en) Traducir, Leo Weiner (pt) Traducir e Imre Waldbauer (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosMaria Kliegel (pt) Traducir, Jacinthe Couture, Sebastien Lepine (en) Traducir e Maria de Macedo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVioloncello Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX853237 Musicbrainz: 8ec9a9fe-3709-43a9-adba-6a1a11b7e7da Discogs: 859780 Allmusic: mn0000697600 Editar o valor en Wikidata

János Starker, nado en Budapest o 5 de xullo de 1924 e finado o 8 de abril de 2013[1], foi un violonchelista estadounidense de orixe húngara. Tamén é mestre na Jacobs School of Music da Universidade de Indiana en Bloomington dende 1958, onde ostenta o título de Profesor Distinguido.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Starker recibiu o seu primeiro violoncello antes do seu sexto aniversario. Os seus dous irmáns máis vellos eran violonchelistas. Realizou a súa presentación pública aos seis anos e asistiu á Academia de música Franz Liszt en Budapest, onde estudou con Adolf Schiffer. Entre os músicos que o influenciaron están Leó Weiner, Zoltán Kodály, Béla Bartók e Ernő Dohnányi.

Starker realizou o seu debut profesional aos 14 anos, cando interpretou o Concerto para violonchelo de Antonín Dvořák. Abandonou a Academia Liszt en 1939 e pasou a meirande parte da segunda guerra mundial en Budapest. Debido á súa xuventude, Starker escapou do tráxico destino dos seus irmáns máis vellos, quen tiveron que realizar traballos forzados e foron asasinados polos Nazis. A pesar disto, Starker pasou tres meses nun campo de concentración.

Logo da guerra, converteuse no violonchelista principal da Ópera de Budapest e da Orquestra Filharmónica de Budapest. Starker, quen nunca tivera a cidadanía húngara, abandonou o país ocupado polos soviéticos en 1946. Realizou un concerto cunha boa acollida en Viena, onde permaneceu para prepararse para o Concurso de Violonchelo de Xenebra, realizado en outubro de 1946, o cal gañou a súa estudante Eva Janzer.

Starker foi de Xenebra a París, onde pasou un ano. Alí realizou a súa primeira gravación da sonata para violonchelo só, Op. 8 de Zoltán Kodály, un traballo que era considerado imposible de tocar daquel. Grazas a esta gravación, Starker gañou o Grand Prix du Disque.

Starker emigrou aos Estados Unidos en 1948 para ser o violonchelista principal da Orquestra Sinfónica de Dallas baixo a dirección de Antal Doráti. En 1949, mudouse a Nova York para ser parte da Ópera do Metropolitan dirixida por Fritz Reiner. Foi en Nova York onde Starker realizou a primeira das súas gravacións das suites para violonchelo só de Johann Sebastian Bach.

En 1952, Starker converteuse no violonchelista principal da Orquestra Sinfónica de Chicago cando Fritz Reiner era o seu director musical. En 1958, Starker mudouse á Universidade de Indiana e continuou a súa carreira como solista.

Repertorio gravado

[editar | editar a fonte]

Starker realizou máis de 160 gravacións. Gravou as seis suites para violonchelo só de Bach en cinco ocasións, a última en 1992 para RCA Red Seal Records, pola que gañou un premio Grammy. Tamén foi candidato a un Grammy pola súa gravación de 1990 dos traballos de David Popper. Varios compositores escribiron concertos especialmente para el, entre os que se atopan David Baker, Antal Doráti, Bernhard Heiden, Jean Martinon, Miklós Rózsa e Robert Starer.

  1. "Artsjournal.com". Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2013. Consultado o 28 de xuño de 2013.