Jurassic World: Fallen Kingdom

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Jurassic World: Fallen Kingdom
Ficha técnica
Título orixinalJurassic World: Fallen Kingdom
DirectorJ. A. Bayona
Produtor
Guión
Baseado enPersonaxes de Michael Crichton
Intérpretes
MúsicaMichael Giacchino
FotografíaÓscar Faura
MontaxeBernat Vilaplana
Estudio
DistribuidoraUniversal Pictures
EstreaWiZink Center: 21 de maio de 2018
22 de xuño de 2018
Duración128 minutos[3]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos[4]
XéneroCiencia ficción
Orzamento$170–187 000 000[5]
Recadación$1 305 000 000[6]
Na rede
http://www.jurassicworld.com/
IMDB: tt4881806 Filmaffinity: 283552 Allocine: 228558 Rottentomatoes: m/jurassic_world_fallen_kingdom Mojo: jurassicworldsequel Allmovie: v639338 TCM: 2134638 Metacritic: movie/jurassic-world-fallen-kingdom TV.com: movies/jurassic-world-fallen-kingdom
Twitter: JurassicWorld Netlix: 80228280Editar o valor em Wikidata

Jurassic World: Fallen Kingdom é un filme estadounidense de 2018 dirixido por J. A. Bayona. É un filme de aventuras e ciencia ficción e a secuela de Jurassic World (2015). Trátase do quinto filme da franquía Parque Xurásico, así como o segundo da triloxía Jurassic World. Derek Connolly e o director de Jurassic World Colin Trevorrow escribiron o guión, sendo Trevorrow e o director orixinal de Parque Xurásico, Steven Spielberg, os produtores executivos.

Ambientado na ficticia illa Nublar de América Central, na costa pacífica de Costa Rica, conta como Owen Grady e Claire Dearing tratan de rescatar os dinosauros superviventes dunha erupción volcánica que os destruirá. Chris Pratt, Bryce Dallas Howard, B. D. Wong e Jeff Goldblum retoman os seus papeis de filmes anteriores da franquía. Rafe Spall, Justice Smith, Daniella Pineda, James Cromwell, Toby Jones, Ted Levine, Isabella Sermon e Geraldine Chaplin únense ó elenco de actores.

A rodaxe fíxose entre febreiro e xullo de 2017 no Reino Unido e Hawai. Producido e distribuído por Universal Pictures, Fallen Kingdom estreouse en Madrid o 21 de maio de 2018, e foi estreado internacionalmente en xuño de 2018. Recadou máis de $1,3 billóns en todo o mundo, converténdose no terceiro filme Xurásico en superar a barreira do billón de dólares. Foi o terceiro filme con maior recadación de 2018 e o doceavo de tódolos tempos. Recibiu valoracións dispares por parte da crítica, que eloxiou a interpretación de Pratt, a dirección de Bayona, os efectos visuais, a banda sonora de Michael Giacchino e os "sorprendentes momentos escuros", mentres que outros suxiren que seguiu o curso da saga, criticando o guión e a falta de innovación.[7] Unha secuela aínda sen título está prevista para a súa estrea o 11 de xuño de 2021, con Trevorrow de novo como director.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Variety Insight (ed.). "Film releases". Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2017. Consultado o 4 de abril de 2017. 
  2. "Jurassic World: Fallen Kingdom–Production Information" (PDF). Universal Pictures. maio de 2018. pp. 2–4, 6, 8, 12, 16, 18, 21, 26, 28, 30–34. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de maio de 2018. Consultado o 31 de maio de 2018. 
  3. "JURASSIC WORLD: FALLEN KINGDOM (12A)". British Board of Film Classification. 26 de maio de 2018. Consultado o 26 de maio de 2018. 
  4. AllMovie (ed.). "Untitled Jurassic World Sequel (2018)". Arquivado dende o orixinal o 05 de abril de 2017. Consultado o 5 de abril de 2017. 
  5. D'Alessandro, Anthony (19 de xuño de 2018). Deadline Hollywood, ed. "‘Jurassic World: Fallen Kingdom’ Ready To Leave $135M+ Footprint Stateside As Global Evolves To $600M+". Consultado o 19 de xuño de 2018. 
  6. "Jurassic World: Fallen Kingdom (2018)". Box Office Mojo. Consultado o 17 de outubro de 2018. 
  7. Graeme McMillank (5 de xuño de 2018). The Hollywood Reporter, ed. "'Jurassic World: Fallen Kingdom'—What the Critics Are Saying". Consultado o 5 de xuño de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]