Julián Bustelo Abuín
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de xullo de 1994 ![]() O Araño, España ![]() |
![]() | |
2023 – ← Adolfo Muíños ![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político , arqueólogo ![]() |
Lingua | Lingua galega ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Julián Bustelo Abuín, nado no Araño (Rianxo) o 17 de xullo de 1994, é un político e arqueólogo galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Arqueólogo. Vinculado á marea Rianxo en Común, foi o seu candidato á alcaldía nas eleccións municipais de 2019[1] e mantivo os 2 concelleiros cos que contaba a formación, sendo o portavoz do grupo na oposición ao goberno do BNG. Foi de novo candidato nas municipais de 2023 e conseguiu 5 concelleiros, ó igual que PSdeG e PPdeG, sendo o máis votado e asumindo a alcaldía ó votarse a si mesmos tódolos grupos[2], xa que rexeitou formar goberno con ningunha outra formación.