Saltar ao contido

Julius Bahnsen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJulius Bahnsen

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Julius Friedrich August Bahnsen Editar o valor en Wikidata
30 de marzo de 1830 Editar o valor en Wikidata
Tønder, Dinamarca (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte7 de decembro de 1881 Editar o valor en Wikidata (51 anos)
Lębork, Polonia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Tubinga
Universidade de Kiel (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfilósofo Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Банзен Юлиус)
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1697335

Julius Friedrich August Bahnsen, nado o 30 de marzo de 1830 en Tondern, no seu tempo territorio prusiano, agora parte de Dinamarca e finado o 7 de decembro de 1881 en Lauenburg, Pomerania, agora parte de Polonia, foi un filósofo alemán. Bahnsen está considerado o orixinador da caracteroloxía que formulou nos dous volumes de Beiträgen zur Charakterologie (1867) e desenvolveu nas súas seguintes obras, en especial na súa Opus magnum Der Widerspruch im Wissen und Wesen der Welt (1880/82).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

En 1847 Bahnsen comezou a estudar filosofía e (con Gregor Wilhelm Nitzsch) filoloxía en Kiel. En 1849 alistouse como voluntario contra os dinamarqueses na Primeira Guerra de Schleswig (1848–1851) e marchou a Tubinxia no estado alemán de Baden-Württemberg despois do desarmamento do exército de Schleswig-Holstein en 1850. Alí estudou filosofía e en 1853 graduouse baixo a dirección de Friedrich Theodor Vischer cun tema sobre a estética. Exerceu como profesor en varias localidades ata que en 1862, Bahnsen obtivo emprego nun progymnasium en Lauenburg, onde viviu ata a súa morte.

Obra filosófica

[editar | editar a fonte]

Como discípulo de Schopenhauer, Bahnsen combinou a dialéctica de Hegel (que Bahnsen, non obstante, só aceptaba dentro do dominio do abstracto) e o monismo de Schopenhauer. Nesta combinación o irracional que comporta a vontade schopenhaueriana, que aínda acepta como a esencia da existencia e tamén de todo o mal, non é igual en cada individuo, senón tan múltiple como eses individuos. O seu é un pesimismo radical, vivimos nun inferno que carece de saída, o estado natural é un estado de brutalidade, onde reinan os malos instintos e canto facemos para elevarnos por medio da moralidade, máis a vontade devén autónoma e forte e máis sufrimos por medio da conciencia do deber. Para Bahnsen non se pode librar ao home da dor por medio da moralidade, afirmando que o absurdo é a lei suprema

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Julius Bahnsen, Winfried H. Müller-Seyfarth (Ed.): Das Tragische als Weltgesetz und der Humor als ästhetische Gestalt des Metaphysischen. (“The Tragical as World Law and Humour as Aesthetic Shape of the Metaphysical.”) VanBremen VerlagsBuchhandlung, Berlin 1995
  • Julius Bahnsen, Anselm Ruest (Ed.): Wie ich wurde, was ich ward, nebst anderen Stücken aus dem Nachlaß des Philosophen. Leipzig 1931