Julio Ángel Fernández
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de abril de 1946 (78 anos) Montevideo, Uruguai |
Educación | Universidade da República - astronomía (valor descoñecido–1974) |
Actividade | |
Campo de traballo | Universo |
Ocupación | astrónomo, profesor universitario |
Empregador | Facultad de Ciencias (Universidad de la República) (en) (1990–2019) Facultad de Humanidades y Ciencias de la Educación (Universidad de la República) (en) (1985–1990) Universidade Federal do Río de Xaneiro. Observatório do Valongo (pt) (1984–1986) Max Planck Institute for Nuclear Physics (en) (1983–1983) Instituto Max Planck para Pesquisa do Sistema Solar (pt) (1980–1983) Observatório Astronômico Nacional da Espanha (pt) (1979–1979) |
Membro de | |
Premios | |
|
Julio Ángel Fernández Alves, nado en Montevideo o 5 de abril de 1946, é un astrónomo uruguaio. Ensina na Universidade da República de Montevideo, no Uruguai, da que foi decano cinco anos (entre 2005 e 2010).[1] Entre os seus méritos está o de renovar o ensino da astronomía no Uruguai.[2] É membro do PEDECIBA, (o programa para o desenvolvemento das ciencias básicas do Uruguai),[3] e da Sociedade Uruguaia de Astronomía.[4]
Contribucións científicas
[editar | editar a fonte]Cinto de Kuiper
[editar | editar a fonte]No artigo "On the existence of a comet belt beyond Neptune" (Sobre a existencia dun cinto de cometas máis alá de Neptuno) de 1980, Fernández observou que a frecuencia das cometas de curto período no sistema solar interno era demasiado elevada para que procedesen directamente da Nube de Oort; ao mesmo tempo, suxeriu que o dato podería explicarse se existise un cinto de obxectos xeados máis alá da órbita de Neptuno, a unha distancia comprendida entre as 35 e as 50 UA do Sol.[5] Estas previsións foron confirmadas posteriormente e levaron ao descubrimento do Cinto de Kuiper.[6][7] Fernández publicou numerosos traballos sobre os obxectos transneptunianos.
Definición de planeta
[editar | editar a fonte]En 2006, Fernández participou na XXVI Asemblea Xeral da Unión Astronómica Internacional (IAU), en Praga, que promulgou a nova definición de planeta. O descubrimento de numerosos obxectos transneptunianos similares a Plutón fixo necesaria unha nova definición. En outubro de 2005, un grupo da IAU definiu tres criterios principais para a nova definición de planeta: o criterio cultural, o criterio estrutural e o criterio dinámico.[8][9] A proposta final presentada á asemblea o 24 de agosto, incluía moitos dos puntos propostos por Fernández, e levou á creación da nova categoría dos planetas ananos, á que foi asignado Plutón.[10][11]
Homenaxes
[editar | editar a fonte]O asteroide 5996 Julioangel, descuberto por Edward Bowell en 1983, foi nomeado así na súa honra.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Instituto de Física Facultad de Ciencias" (en castelán). Consultado o 2024-06-16.
- ↑ 2,0 2,1 John Davies (2001). Cambridge University Press, ed. Beyond Pluto: Exploring the Outer Limits of the Solar System (en inglés). p. 215. ISBN 978-1-139-42877-4.
- ↑ www.areaw3.com, AreaW3-. "Programa de Desarrollo de las Ciencias Básicas (PEDECIBA)". PEDECEIBA (en castelán). Consultado o 2024-06-16.
- ↑ "Integrantes". www.astronomia.edu.uy. Consultado o 2024-06-16.
- ↑ J. A. Fernández (1980). "On the existence of a comet belt beyond Neptune". Monthly Notices of the Royal Astronomical Society (en inglés) 192: 481–491. Consultado o 26 setembro 2015.
- ↑ Duncan, M.; Quinn, T.; Tremaine, S. (1988-05-01). "The Origin of Short-Period Comets". The Astrophysical Journal 328: L69. ISSN 0004-637X. doi:10.1086/185162.
- ↑ David Jewitt. University of Hawaii, ed. "Why "Kuiper" Belt?" (en inglés). Consultado o 26 setembro 2015.
- ↑ (en inglés) Stephen Eales, Prospect, pp.31-34 (maio 2007)
- ↑ Ken Croswell (2006). "The Tenth Planet's First Anniversary" (en inglés). Consultado o 24 setembro 2015.
- ↑ published, Robert Roy Britt (2006-08-19). "Details Emerge on Plan to Demote Pluto". Space.com (en inglés). Consultado o 2024-06-16.
- ↑ (en inglés) International Astronomical Union, ed. (24 agosto 2006). "Definition of a Planet in the Solar System: Resolutions 5 and 6" (PDF). IAU 2006 General Assembly. Consultado o 28 setembro 2015.