Saltar ao contido

Julio Ángel Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJulio Ángel Fernández

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento5 de abril de 1946 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Montevideo, Uruguai Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeUruguai Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade da República - astronomía (valor descoñecido–1974) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoUniverso Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónastrónomo , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorFacultad de Ciencias (Universidad de la República) (en) Traducir (1990–2019)
Facultad de Humanidades y Ciencias de la Educación (Universidad de la República) (en) Traducir (1985–1990)
Universidade Federal do Río de Xaneiro. Observatório do Valongo (pt) Traducir (1984–1986)
Max Planck Institute for Nuclear Physics (en) Traducir (1983–1983)
Instituto Max Planck para Pesquisa do Sistema Solar (pt) Traducir (1980–1983)
Observatório Astronômico Nacional da Espanha (pt) Traducir (1979–1979) Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios

Julio Ángel Fernández Alves, nado en Montevideo o 5 de abril de 1946, é un astrónomo uruguaio. Ensina na Universidade da República de Montevideo, no Uruguai, da que foi decano cinco anos (entre 2005 e 2010).[1] Entre os seus méritos está o de renovar o ensino da astronomía no Uruguai.[2] É membro do PEDECIBA, (o programa para o desenvolvemento das ciencias básicas do Uruguai),[3] e da Sociedade Uruguaia de Astronomía.[4]

Contribucións científicas[editar | editar a fonte]

Cinto de Kuiper[editar | editar a fonte]

No artigo "On the existence of a comet belt beyond Neptune" (Sobre a existencia dun cinto de cometas máis alá de Neptuno) de 1980, Fernández observou que a frecuencia das cometas de curto período no sistema solar interno era demasiado elevada para que procedesen directamente da Nube de Oort; ao mesmo tempo, suxeriu que o dato podería explicarse se existise un cinto de obxectos xeados máis alá da órbita de Neptuno, a unha distancia comprendida entre as 35 e as 50 UA do Sol.[5] Estas previsións foron confirmadas posteriormente e levaron ao descubrimento do Cinto de Kuiper.[6][7] Fernández publicou numerosos traballos sobre os obxectos transneptunianos.

Definición de planeta[editar | editar a fonte]

Cerimonia de apertura da XXVI Asemblea Xeral da UAI de 2006 en Praga.

En 2006, Fernández participou na XXVI Asemblea Xeral da Unión Astronómica Internacional (IAU), en Praga, que promulgou a nova definición de planeta. O descubrimento de numerosos obxectos transneptunianos similares a Plutón fixo necesaria unha nova definición. En outubro de 2005, un grupo da IAU definiu tres criterios principais para a nova definición de planeta: o criterio cultural, o criterio estrutural e o criterio dinámico.[8][9] A proposta final presentada á asemblea o 24 de agosto, incluía moitos dos puntos propostos por Fernández, e levou á creación da nova categoría dos planetas ananos, á que foi asignado Plutón.[10][11]

Homenaxes[editar | editar a fonte]

O asteroide 5996 Julioangel, descuberto por Edward Bowell en 1983, foi nomeado así na súa honra.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Instituto de Física Facultad de Ciencias" (en castelán). Consultado o 2024-06-16. 
  2. 2,0 2,1 John Davies (2001). Cambridge University Press, ed. Beyond Pluto: Exploring the Outer Limits of the Solar System (en inglés). p. 215. ISBN 978-1-139-42877-4. 
  3. www.areaw3.com, AreaW3-. "Programa de Desarrollo de las Ciencias Básicas (PEDECIBA)". PEDECEIBA (en castelán). Consultado o 2024-06-16. 
  4. "Integrantes". www.astronomia.edu.uy. Consultado o 2024-06-16. 
  5. J. A. Fernández (1980). "On the existence of a comet belt beyond Neptune". Monthly Notices of the Royal Astronomical Society (en inglés) 192: 481–491. Consultado o 26 setembro 2015. 
  6. Duncan, M.; Quinn, T.; Tremaine, S. (1988-05-01). "The Origin of Short-Period Comets". The Astrophysical Journal 328: L69. ISSN 0004-637X. doi:10.1086/185162. 
  7. David Jewitt. University of Hawaii, ed. "Why "Kuiper" Belt?" (en inglés). Consultado o 26 setembro 2015. 
  8. (en inglés) Stephen Eales, Prospect, pp.31-34 (maio 2007)
  9. Ken Croswell (2006). "The Tenth Planet's First Anniversary" (en inglés). Consultado o 24 setembro 2015. 
  10. published, Robert Roy Britt (2006-08-19). "Details Emerge on Plan to Demote Pluto". Space.com (en inglés). Consultado o 2024-06-16. 
  11. (en inglés) International Astronomical Union, ed. (24 agosto 2006). "Definition of a Planet in the Solar System: Resolutions 5 and 6" (PDF). IAU 2006 General Assembly. Consultado o 28 setembro 2015.