Julio Nieto López
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | c. 1907 Almería |
| Morte | 21 de setembro de 1946 A Coruña |
| Causa da morte | pena de morte, garrote |
| Outros nomes | Chevol Nardo |
| Actividade | |
| Ocupación | maquis, policía |
| Partido político | Partido Comunista de España |
Julio Nieto López, coñecido como Chevol ou Nardo, nado en Almería cara a 1907 e finado na Coruña o 21 de setembro de 1946, foi un militar e guerrilleiro antifranquista andaluz.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Radiotelegrafista. Antigo garda de asalto, durante a guerra civil española foi ascendido a alférez por méritos de guerra en outubro de 1936,[1] e despois a capitán. Ao finalizar a guerra foi detido. Xulgado en Madrid, foi condenado. Estivo preso na Celular de Valencia e na Prisión Central de Yeserías de onde saíu en liberdade condicional en agosto de 1943.[2] Secretario xeral do Comité Provincial do PCE de Lugo, do que tamén formaban parte Emilio Golás e Enriqueta Otero, mantivo contactos con Xosé Castro Veiga. Foi detido en xaneiro de 1946. Xulgado en consello de guerra na Coruña por rebelión militar o 17 de xullo de 1946 no proceso 75/1946 con Enriqueta Otero, Ramón Vivero Geada, José María Urquiola Iglesias e Marcelino Villares Santiago, foi condenado á pena de morte.[3][4] Foi executado con garrote vil na prisión da Coruña con Ramón Vivero Geada o 21 de setembro de 1946.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Loreto Tapia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Gaceta de la República, 21-4-1937, p. 313.
- ↑ BOE, 8-10-1943, p. 9741-9744.
- ↑ La Voz de Galicia, 18-7-1946, p. 6.
- ↑ El Ideal Gallego, 19-7-1946, p. 4.