Ramón Vivero Geada
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1909 Ourol, España |
Morte | 21 de setembro de 1946 (36/37 anos) A Coruña, España |
Datos persoais | |
Outros nomes | Novolitos |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | membro da resistencia |
Lingua | Lingua castelá |
Ramón Vivero Geada, coñecido como Novolitos, nado en Xerdiz (Ourol) en 1909 e finado na Coruña o 21 de setembro de 1946, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Antigo garda de asalto. Propietario dun bar que era centro de reunión e encontros. Militante do PCE dende 1944. Enlace entre os diferentes comités comarcais e o provincial. Colaborou con Marcelino Rodríguez Fernández “Marrofer” a comezos de 1945 na posta en marcha da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. Proporcionaba armas á guerrilla. Foi detido en febreiro de 1946 con Julio Nieto López e Enriqueta Otero. Xulgado na Coruña en consello de guerra por rebelión militar o 18 de xullo de 1946 no proceso 75/1946, foi condenado a pena de morte. Foi executado con garrote vil na prisión da Coruña con Julio Nieto López o 21 de setembro de 1946.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 140. ISBN 84-8485-231-8.