Julio Medem

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Julio Medem
Julio-Medem by MariResendiz.jpg
Nacemento 21 de outubro de 1958
  Donostia
Nacionalidade España
Etnia Pobo vasco e Pobo español
Educado en Universidade do País Vasco
Ocupación director de cine, guionista, montador e produtor de cine
Premios Premio Goya ó mellor director novel e Sutherland Trophy
editar datos en Wikidata ]

Julio Medem, nado en Donostia o 21 de outubro de 1958, é un director de cinema e guionista vasco.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu o 21 de outubro de 1958 en Donostia. Desde pequeno empeza a xogar coa cámara superoito que esconde o seu pai, e roda escenas cotiás que teñen como protagonista á súa irmá Ana. Aínda que se licencia en medicina e cirurxía xeral, nunca abandona a súa gran paixón: o cine. O seu primeiro traballo é no diario "La voz de Euskadi", onde colabora como crítico cinematográfico. Tras algunhas colaboracións en publicacións varias, roda finalmente as súas primeiras curtas en superoito.

Logo de traballar nalgunhas obras como El jueves pasado (1977) ou Si yo fuese poeta (1981), lánzase a rodar por primeira vez en 35 mm. Patas en la cabeza (1985), producida por Luís Campoy e o propio Medem, consegue gañar o Premio de Cine Vasco e o Certame Internacional de Cine Documental e Curtametraxe de Bilbao. Neste mesmo certame, pero un ano máis tarde, gaña o Premio Telenorte coa súa galardoada curtametraxe Las seis en punta (1987).

Desde ese ano, Medem traballa como axudante de dirección, montador e guionista, e dedícase por completo ó cine. En 1988 escribe e dirixe a mediometraxe Martín (1988), producido por Elías Querejeta, ao que lle segue outra película sobre a Segunda Guerra Carlista. O seu salto á longametraxe faio con Vacas (1992), unha orixinal historia que merece o Goya á Mellor Dirección Novel, ademais de diversos galardóns nos festivais de Tokio, Turín e Alexandría.

En 2000 falece a súa irmá Ana nun accidente de tráfico, pintora de profesión, que se dirixía a inaugurar unha exposición súa. Este feito serviu para que en 2007 estrease a película Caótica Ana.

Filmografía como director[editar | editar a fonte]

Curtametraxes[editar | editar a fonte]

  • El ciego (1974)
  • El jueves pasado (1977)
  • Fideos (1979)
  • Si yo fuera poeta (1981)
  • Teatro en Soria (1982)
  • Patas en la cabeza (1985)
  • Las seis en punta (1987)
  • Martín (1988)
  • Clecla (2001)
  • ¡Hay motivo! (2004)
  • En las ramas de Ana (2007)

Longametraxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]