Julio Le Riverend
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de decembro de 1912 A Coruña, España |
Morte | 12 de maio de 1998 (85 anos) A Habana, Cuba |
Educación | Universidade da Habana |
Actividade | |
Ocupación | diplomático, historiador, político |
Empregador | Universidade Central de Las Villas UNESCO Biblioteca Nacional de Cuba (pt) |
Premios | |
| |
Julio Le Riverend Brusone, nado na Coruña o 22 de decembro de 1912 e finado na Habana o 12 de maio de 1998, foi un político e historiador cubano especializado na historia económica de Cuba.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Súa nai era a francesa María Magdalena Clara Brusone e seu pai, Luis Le Riverend Marrero, era o cónsul de Cuba na Coruña,[1] cidade na que naceu Julio e na que viviu 3 anos antes de que a súa familia marchara a Cuba.[2] Alí estudou ata obter un doutoramento en Dereito e en Ciencias Políticas, Económicas e Sociais na Universidade da Habana. Non obstante, a ditadura de Gerardo Machado obrigouno a exiliarse a Francia en 1932 e 1933, onde foi secretario xeral da Unión Latinoamericana de Estudantes. Despois, dende 1943 ata 1947, exerceu en México onde obtivo a licenciatura de catedrático de Historia no Instituto Nacional de Antropoloxía e Historia e do Colexio de México, antes de volver a ensinar no seu país. Entre 1973 e 1976, entrou brevemente na política pasando a ser viceministro de Educación e embaixador de Cuba na UNESCO. Despois converteuse en director da Biblioteca Nacional da Habana.[3][4]
Recibiu a orde da República española en 1960, entregada polo goberno da Segunda República no exilio.
Obra
[editar | editar a fonte]Lista non exhaustiva de obras escritas por Julio le Riverend:[5]
- Sintesis histórica de la Cubanidad en el siglo 18, Molina y Compañía, 1940
- Los orígenes de la economía cubana: 1510-1600, Colexio de México, 1945
- Crónicas de la conquista del Perú, Ed. Nueva España, 1946
- La Habana: biografía de una provincia, El Siglo XX, 1960
- Historia económica de Cuba, La Habana, ed. Nacional de Cuba, 1965)
- Breve historia de Cuba (1981)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Lecciones de Le Riverend" (PDF). Granma. 22 de decembro de 2012. p. 3. Consultado o 20 de setembro de 2019.
- ↑ "Julio Le Riverend". El País (en castelán). 6 de xaneiro de 1988. Consultado o 20 de setembro de 2019.
- ↑ Ponce>, Abel. "Noticias - BNCJM - julio-le-riverend-brussone-en-el-109-aniversario-de-su-natalicio-". Biblioteca Nacional de Cuba José Martí (en castelán). Consultado o 2023-08-11.
- ↑ Ana Garcia Arce, Julio Le Riverend, El Pais, 6 janvier 1988
- ↑ LeRiverend Brusone, Julio J. sur WorldCat
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Julio Le Riverend en EcuRed (en castelán).