Julio Gutiérrez Rubio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Julio Gutiérrez Rubio
Nacemento24 de agosto de 1923
Lugar de nacementoVitoria
Falecemento11 de outubro de 2014
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Salamanca
Ocupaciónpolítico
PremiosGran Cruz da Orde de Cisneros e Gran Cruz del Mérito Militar con distintivo blanco
editar datos en Wikidata ]

Julio Gutiérrez Rubio, nado en Vitoria o 24 de agosto de 1923 e finado en Madrid o 11 de outubro de 2014, foi un avogado e político español, da época franquista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aínda que estudou o bacharelato en Madrid, licenciouse en dereito pola Universidade de Salamanca, onde comezou a militar nas organizacións políticas franquistas, primeiro como xefe do SEU no seu distrito universitario e despois como reitor do Colexio Maior Universitario «San Miguel Árcangel». Instalado como avogado, en 1961 e designado procurador en Cortes por Francisco Franco e ao ano seguinte alcalde de Salamanca. Ocupou ese posto durante catro anos, os dous últimos simultanéandoos co goberno civil de Palencia. En 1966 deixou a alcaldía salmantina, e en 1967 a provincia de Palencia pola de Huelva, onde foi gobernador ata 1969, pois despois pasou a Córdoba ata 1970. Posteriormente foi nomeado delegado nacional de Prensa e Radio e vicesecretario xeral do Movemento, posto que ocupou entre 1973 e 1974.

Home moi fiel ao réxime franquista, o rei Xoán Carlos I desígnouno senador en 1977. Estivo na Cámara Alta unicamente esa lexislatura constituínte, onde ocupou unha cadeira no Grupo Mixto. Despois de abandonar a política dedicouse á avogacía.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]