Xulio Calviño Iglesias
(Redirección desde «Julio Calviño Iglesias»)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Xulio Calviño.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Julio Calviño Iglesias 19 de febreiro de 1947 (77 anos) A Xesta, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | catedrático , escritor |
Lingua | Lingua galega e lingua castelá |
Familia | |
Irmáns | José María Calviño |
Parentes | Nadia Calviño () |
Xulio Calviño Iglesias, nado na Xesta (Lalín) o 19 de febreiro de 1947, é un profesor e escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Comezou os seus estudos na Universidade de Santiago de Compostela e rematounos na Universidade Complutense de Madrid, onde se licenciou en Filosofía e en Literatura Hispánica. Foi catedrático de ensino secundario de Lingua e Literatura Española. Foi director, xunto con Manuel Crespillo, da colección de ensaio Hybris. Colaborou en publicacións como Ínsula, AMASTRA-N-GALLAR.
É irmán de Mary Carmen Calviño (pintora) e José María Calviño (avogado), e polo tanto tío da filla deste, Nadia Calviño.
Obras[editar | editar a fonte]
- La novela del dictador en Hispanoamérica, 1985.
- Método de lengua activa y creativa, 1985.
- Historia, ideología y mito en la narrativa hispanoamericana contemporánea, 1987.
- Uxío Novoneyra e os motivos de Circe. Texto poético íntegro de "Tempo de elexía", 1998.
- Anac(onda), 2004.
- O galo de Aloysius, 2007.
- A Morena de Laza, 2008.
- Carpe Diem, 2014.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "Calviño Iglesias, Julio". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4.
- Santorum, Gracia (2009). Dicionario de escritores de Deza. A Estrada: Edicións Fervenza. p. 26. ISBN 978-84-96368-00-2.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Lopo, Antón (1/5/2016) "Xulio Calviño: “Terán que volver os bárbaros para liberarnos”" Arquivado 03 de maio de 2016 en Wayback Machine. Sermos Galiza.