Julie Bindel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Julie Bindel
Julie Bindel, 26 October 2015.jpg
Nacemento20 de xullo de 1962
 Reino Unido
NacionalidadeReino Unido
Alma máterLondon Metropolitan University
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

Julie Bindel, nada o 20 de xullo de 1962, é unha escritora inglesa, feminista radical, e cofundadora do grupo reformista Justice for Women, que dende 1991 axudou a mulleres que foron procesadas por matar a parellas masculinas violentas.[1][2][3]

Foi investigadora visitante da Universidade de Lincoln entre 2014 e 2017, e antiga directora asistente do Centro de Investigación sobre a Violencia, Abuso e Relacións de Xénero na Universidade Leeds Beckett, a obra de Bindel céntrase na violencia machista contra as mulleres e nenos, particularmente na prostitución, na pornografía, no acoso físico, no fundamentalismo relixioso e no tráfico de persoas.[4][5]

Bindel é autora e coautora de máis de 30 capítulos de libros e catro libros, incluíndo Straight Expectations (2014) e The Pimping of Prostitution (2017). Tamén é a editora, xunto coa súa compañeira Harriet Wistrich, de The Map of My Life: The Story of Emma Humphreys (2003). Escribe regularmente para The Guardian, New Statesman, Sunday Telegraph e Standpoint.[5][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Dickson, E. Jane (15 de setembro de 1995). The Independent, ed. "Sisters to the death". 
  2. Cooke, Rachel (30 de xaneiro de 2001). The Guardian, ed. "Snap decisions". 
  3. Bindel, Julie; Cook, Kate; Kelly, Liz (1995). "Trials and Tribulations—Justice for Women: A Campaign for the 1990s". En Griffin, Gabriele. Feminist Activism in the 1990s. Londres: Taylor & Francis. 
  4. "Julie Bindel", thejuliebindel.com.
  5. 5,0 5,1 "Julie Bindel", byline.com.
  6. "Julie Bindel", The Guardian.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]