Julian Steward

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJulian Steward

(1940) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Julian Haynes Steward Editar o valor em Wikidata
31 de xaneiro de 1902 Editar o valor em Wikidata
Washington, D.C., Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte6 de febreiro de 1972 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Urbana, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Cornell
Deep Springs College (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Director de teseAlfred L. Kroeber Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoAntropoloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónantropólogo , arqueólogo Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Míchigan Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeDorothy Nyswander (1930–1932)

WikiTree: Steward-3278

Julian Haynes Steward, nado o 31 de xaneiro de 1902 e finado o 6 de febreiro de 1972, foi un antropólogo e arqueólogo estadounidense que creou o que el mesmo chamou o método da ecoloxía cultural.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Washington D.C., non mostrou especial interese pola antropoloxía até os dezaseis anos e ingresou no Deep Springs College de Serra Nevada, Estados Unidos de América, entidade encargada da formación de novos políticos. Neste ambiente entrou en contacto coas tribos indíxenas Shoshone e Paiute, o que espertou o seu interese pola antropoloxía. Comezou os seus estudos nesta disciplina na Universidade de Berkeley en 1925, graduándose en 1929 cun estudo sobre "pallasos cerimoniais" entre os indios americanos.

En 1935 Steward comezou a participar no Bureau of Indian Affairs do que obtivo importantes reformas para esta comunidade e realizou traballos arqueolóxicos tanto en América do Norte como América do Sur.

A súa principal contribución á antropoloxía son os seus estudos para revisar a teoría da evolución baixo o modelo de ecoloxía cultural e evolución multilineal presentado na súa obra Theory of Culture Change: The Methodology of Multilinear Evolution (1955).[1]

Notas

  1. "Julian Steward ; Cultural Ecology, Cultural Evolution & Ethnography". www.Britannica.com (en inglés). Consultado o 26 de agosto de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Basin-Plateau Aboriginal Sociopolitical Groups (1938)
  • Handbook of the South American Indians (1946-1950)
  • Theory of Culture Change: The Methodology of Multilinear Evolution (1955)
  • Cultural Causality and Law. A Trial Formulation of Early Civilization (1949)

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.