Julia Pastrana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJulia Pastrana

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1834 Editar o valor em Wikidata
Sinaloa, México Editar o valor em Wikidata
Morte25 de marzo de 1860 Editar o valor em Wikidata (25/26 anos)
Moscova, Rusia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteTrastorno puerperal Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaSinaloa Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeMéxico Editar o valor em Wikidata
Altura1,34 m Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoSideshow performer (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónartista de circo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Pastrana-12

Julia Pastrana, nada o 14 de febreiro de 1834 e finada o 25 de marzo de 1860, foi unha muller mexicana nada nalgún lugar da serra de Sinaloa, que exhibiu a súa hipertricose en Europa a mediados do século XIX.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De orixe indíxena, naceu no seo dunha tribo de nativos americanos coñecidos como “Root Digger”, indios “buscadores de raíces”, que vivían na zona occidental de México. Tiña hipertricose ou “síndrome do lobishome", é dicir, a súa faciana e o seu corpo estaban cubertos totalmente de pelo negro e lacio. As súas orellas e nariz grandes e o seu prognatismo producido por dúas fileiras de dentes irregulares daban ó seu rostro un perfil simiesco.

As súas mandíbulas foron estudadas polo Real Colexio de Cirurxiáns de Londres.[2]

Os panfletos anunciábana contando a súa suposta historia, dicindo que unha muller india chamada Espinosa, separouse da súa tribo en 1830, todo o mundo pensou que morrera afogada, pero anos despois foi atopada por uns vaqueiros. Espinosa alegou ser capturada e encerrada nunha cova por un grupo de indios hostís, nunha zona chea de osos e mandrís, pero este feito nunca quedou demostrado. Espinosa ía acompañada dunha nena de 2 anos, da cal afirmaba non ser a súa nai, aínda que daba mostras de querela moito. Posteriormente esta muller casou e bautizou á nena como Julia Pastrana. Espinosa acabou morrendo e Julia foi a vivir a unha poboación próxima. Acabou incorporándose á familia do gobernador do Estado Federal mexicano de Sinaloa, Pedro Sánchez. Traballou alí de serventa durante anos ata que en abril de 1854 decidiu volver á súa terra natal.

No camiño, coñeceu ó estadounidense M.Rates, quen enseguida viu o negocio e ese mesmo ano Julia marchaba ós Estados Unidos. A súa primeira aparición como fenómeno de circo tivo lugar en 1854, no Gothic Hall de Nova York, onde era presentada como "A Muller Oso" ou mesmo "O Híbrido Marabilloso", froito dos amores dun humano e unha mona. P. T. Barnum foi a vela pensando en contratala, pero desistiu por atopala "demasiado grotesca".[3] Pronto marchou a Cleveland cun novo representante, por non dicir amo, o señor Beach. O Doutor S. Brainer, que alí a examinou, chamouna unha “especie distinta”. Alí asistiu a grandes bailes e galas militares, dise que os soldados facían cola para bailar con ela. Despois viaxou a Londres, neste momento o seu representante era Theodor Lent. Antes de chegar alí foi anunciada polos xornais como “A indescritible”("The Nondescript").[4] A imaxe que daban dela era a dunha muller feliz, contenta coa súa situación que, dicían, gustáballe viaxar, guisar e coser. Nos seus espectáculos ademais de mostrar a súa rareza, Julia bailaba e cantaba en español e en inglés.

En 1857, despois de Londres, Theodor Lent apalabrara máis espectáculos en Alemaña, pero alí atopouse con problemas xa que as autoridades non aprobaban o espectáculo. Theodor presentou a Julia como actriz de teatro. En Leipzig Julia protagonizou unha obra de teatro de enredo escrita especialmente para ela, chamada "Der curierte Meyer": trataba dun home que se namoraba dunha dama a cal sempre levaba un veo, cando o pretendente non estaba en escena Julia destapaba a cara mostrándolla ao público para facerlle rir, finalmente mostra a cara ó seu namorado e este perde todo o interese. A policía alemá puxo espías na sala porque non se fiaban do que Theodor lles dicía; a obra foi cancelada e o teatro clausurado despois de tan só dúas representacións sobre a base de que era unha obra inmoral e obscena.[5]

Por esta época recibiu moitas proposicións de matrimonio, pero nunha entrevista realizada por unha publicación alemá (Gartenlaube) preguntáronlle por que rexeitara todas aquelas proposicións, ó que respondeu que ningún dos pretendentes era rico abondo. Dise que esta idea era orixinaria de Theodor, o cal desexaba casala cun home rico e esta era a súa forma de atraer a algún. Julia acumulara moitos cartos, e finalmente foi Theodor o que lle pediu matrimonio en 1857.[6]

Casaron e seguiron a xira por Austria. En Viena Theodor obrigouna a pasar exames fisiolóxicos bastante exhaustivos e prohibiulle saír á rúa durante o día. En 1859 quedou embarazada. En Moscova, durante unha xira a comezos de 1860, Pastrana deu a luz a un bebé con «características semellantes ás súas». O bebé faleceu ás 35 horas de nacer e Pastrana morreu por complicacións posparto cinco días despois.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lerma Garay, Antonio. Érase una vez en Mazatlán. Comisión Estatal para as Celebracións do Bicentenario da Independencia e Centenario da Revolución. Culiacán. 2010.
  2. Articulo no National Center for Biotechnology Information (http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pmc/articles/PMC1645262/pdf/procrsmed00325-0090.pdf)
  3. Pilar Pedraza. Venus barbuda y eslabón perdido. Siruela. 
  4. Artigo en inglés JULIA PASTRANA - The Nondescript
  5. Ibid (:265)
  6. JULIA PASTRANA - The Nondescript

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bartra, Roger. "El trágico viaje de una mujer salvaje mexicana al mundo civilizado". Istor 64 (2016): 179-198. México.
  • Gylseth, Christopher Hals; Lars O. Toverud (2003). Julia Pastrana: The Tragic Story of the Victorian Ape Woman. Sutton. ISBN 978-0-7509-3312-4. OCLC 52829869. 
  • Miles, A.E.W. (febreiro de 1974). "Julia Pastrana: The Bearded Lady". Proceedings of the Royal Society of Medicine 67 (2): 160–164. PMC 1645262. PMID 4595237.