A hipertricose,[1] ou síndrome do lobishome, é unha doenza moi pouco frecuente, que salienta pola existencia dun exceso de peluxe en todo o corpo.[2][3] As persoas que a padecen están cubertas completamente, fóra das palmas das mans e dos pés, por unha peluxe longa, que pode chegar até os 25 centímetros.
O de Petrus Gonsalvus foi o caso de hipertricose máis antigo dos que se describiron en Europa.
O lanugo é o cabelo esbrancuxado e fino, parecido á pelusa, que aparece nos acabados de nacer, e que desaparece nos primeiros meses de vida. Porén, nos que padecen esta doenza o lanugo continúa, e medra durante toda a súa vida.
Sábese que esta doenza se debe a unha mutación xenética, e a maioría das veces adquírese por herdanza familiar, polo que moitos membros dunha familia poden ter esta síndrome.
A causa xenética da hipertricose varía segundo o seu tipo: Se é hipertricose universal conxénita, é autosómico dominante, pero cando é hipertricose xeneralizada conxénita é autosómico dominante ou recesivo e ligado ó cromosoma X.[4][5]
↑Wendelin, D.; Pope, D.; Mallory, S. (2003). "Hypertrichosis". Journal of the American Academy of Dermatology48 (2): 161–179. PMID12582385. doi:10.1067/mjd.2003.100.
↑Ngan, Vanessa (15 de xuño de 2009). DermNet NZ, ed. "Hypertrichosis". New Zealand Dermatological Society Incorporated. Consultado o 29 de novembro de 2009.
↑Sutton, Richard L. (1916). Diseases of The Skin. St. Louis: C.V. Mosby Company. pp.408, 705. Consultado o 29 de novembro de 2009.