Jude Milhon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jude Milhon
Jude's mugshot.jpg
Nome completoJudith Milhon
AlcumeLa Diosa de la tecnología
Nacemento12 de marzo de 1939
Lugar de nacementoWashington, D.C.
Falecemento19 de xullo de 2003
Causacancro
NacionalidadeEstados Unidos de América
Ocupacióninformática teórica e escritora
CónxuxeRobert Behling
editar datos en Wikidata ]

Jude Milhon, nada en Washington D. C. o 12 de marzo de 1939 e finada o 19 de xullo de 2003, máis coñecida polo pseudónimo St. Jude, foi unha hacker e autora residente na área de San Francisco.[1][2]

A pesar de nacer en Washington D. C., pasou a maioría da súa infancia e adolescencia en Anderson, Indiana, onde participou activamente en prol dos dereitos civís, até o punto de ser encarcerada en diversas ocasións por desobediencia civil.[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a programar tras a lectura dun libro titulado "Teach Yourself Fortran", pasando máis tarde a traballar, como programadora, para unha empresa de máquinas expendedoras para os establecementos de autoservizos "Horn and Hadart" de Manhattan. Influída pola cultura hippy uniuse ao movemento que se estendía por California e estableceuse en Berkeley, onde se uniu e animou a unirse a outras mulleres á cultura cibernética que comezaba a expandirse, dando orixe por exemplo ao primeiro sistema público de Rede, o coñecido como proxecto da Comunidade de memoria 1973.[3][1][2]

Milhon acuñou o termo cypherpunk e foi membro fundadora dos cypherpunks, asociación que agrupaba aos defensores da privacidade dixital. Foi membro da asociación Computer Professionals for Social Responsibility, e autora de varios libros, entre eles The Cyberpunk Handbook (1995, O Manual do cyberpunk) e, xunto a R. U. Sirius, How to Mutate and Take Over the World (1996, Como mutar e dominar o mundo), con quen tamén fundou e editou a revista de cultura tecnolóxica Mondo 2000, na que Milhon traballou como redactora xefe até a súa morte.[1][2]

En 1994 publicou un libro dirixido a aquelas mulleres que querían iniciarse no hacking, tratando de desmitificar o funcionamento da Rede, titulado: "Hacking the Wetware: The Nerd Girls Pillow-book" (Hackeo á rede húmida: O libro de cabeceira da moza en rede).[3][2] Non pode esquecerse que, no seu inicio, a rede de computadores, que agora coñecemos como Internet, era propiedade de dous grupos de grandes dimensións, a saber, os militares de Estados Unidos, e un reducido número de universidades e institutos de investigación. Máis tarde a rede estendeuse a Europa para incluír o University College de Londres e estableceuse un radar real en Noruega.[4]

A finais da década dos 90 do século XX, traballou como deseñadora web e como consultora de Internet.[3][4]

Activismo e Visión[editar | editar a fonte]

St. Jude participou en moitas causas diferentes. Estivo activa no Movemento de Dereitos Civís dos anos sesenta axudando a organizar a marcha de Selma a Montgomery, Alabama.[5] Tamén foi encarcerada por desobediencia civil en Jackson, Mississippi.[5]

O activismo dentro da comunidade cibernética tamén foi importante para Milhon. Con frecuencia instou as mulleres a acceder a Internet e piratear mentres as alentaba a ser duras ante o hostigamento.[6] A creación de cypherpunks tamén foi parte da súa política: os obxectivos de privacidade a través do cifrado.[7]

Vida Familiar[editar | editar a fonte]

Judith Milhon naceu en Washington D.C., creceu en Indiana, nunha familia militar do Corpo de Marines.[6][5]Casou con Robert Behling e logo tivo unha parella de 40 anos, Efrem Lipkin, quen tamén traballou en Community Memory.[6] Tiña polo menos un fillo, Tresca Behling, e un neto, Emilio Zuniga.[6]

Morreu o 19 de xullo de 2003, vítima dun cancro de mama.

Obra[editar | editar a fonte]

  • The Joy of Hacker Sex
  • How to Mutate & Take Over the World: an Exploded Post-Novel. (1997)(con R. U. Sirius) Random House ISBN 0-517-19832-0 
  • Cyberpunk Handbook: The Real Cyberpunk Fakebook (1995) (con R. U. Sirius e Bart Nagel) Random House ISBN 0-679-76230-2 
  • Hacking the Wetware: The NerdGirl’s Pillow Book (1994) (formato libro electrónico en internet)[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Milhon , Jude" (en español). Consultado o 6 de maio de 2015. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "St. Jude" (en español). Consultado o 6 de maio de 2015. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 María Torres. "Jude Milhon, hacker" (en español). Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 6 de maio de 2015. 
  4. 4,0 4,1 "Judith Milhon Making the internet a feminist issue" (en inglés). Consultado o 6 de maio de 2015.  Carácter salto de liña en |título= na posición 14 (Axuda)
  5. 5,0 5,1 5,2 "Obituary: Judith Milhon: Making the internet a feminist issue". 8 de agosto de 2003. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 "Modem Grrrl". 1 de febreiro de 1995. 
  7. "Judith Milhon computer writer and 'hacker'". California. 30 de xullo de 2003. 
  8. "The Joy of HACKER SEX". Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2005. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Irene Cívico e Sergio Parra (2018). Las chicas son de ciencias. 25 científicas que cambiaron el mundo Penguim Random House. ISBN 978-84-9043-882-4.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]