Saltar ao contido

Jubilee (filme de 1978)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Jubilee é un filme de 1977, o segundo dos dirixidos polo británico Derek Jarman. O seu título fai mención ao xubileu de prata da raíña Isabel II, é dicir, ao seu 25º aniversario como monarca.

A raíña Isabel I de Inglaterra é transportada no tempo polo ocultista John Dee, grazas aos poderes do espírito Ariel (un personaxe d'A tempestade de Shakespeare), e chega ao ano 1977, xusto cando nunha liorta nos arrabaldes a raíña Isabel II é asasinada. Isabel I móvese entón a través dun Londres decadente, dominado pola violencia, e onde o principal interese son os grupos de música punk e a arte é unha forma cultural extinta.

A acción céntrase no seguimento dun grupo de mozas e das súas aduanadas: unha pirómana, unha au pair francesa escravizada, unha parella de irmáns homosexuais nunha relación incestuosa, unha pintora nun mundo en que a arte desapareceu, unha escritora que fai as súas propias versións resumidas da historia da decadencia de Inglaterra e Rod, a asasina da raíña Isabel, e que porta a súa coroa. Nunha redada contra un local de bingo ilegal, a policía asasina a parella de irmáns (Angel e Sphinx), e o grupo decide tomar vinganza, acoitelando un dos policías e queimando outro cun cóctel molotov. As escenas de violencia son constantes, con disparos, pelexas, sangue e coiteladas, así como as de sexo explícito, tanto de sexo por parellas como orxías, e crimes sexuais rituais.

No filme aparecen distintas referencias ao movemento punk: fotografías da raíña caricaturizadas, un vídeo musical cunha versión pop do himno Rule Britannia, unha cunca de almorzo coa cabeza de Winston Churchill que escacha no chan... Ademais, no filme aparecen diversas iconas do movemento punk, como unha amante de Malcolm McLaren (Jordan), Toyah Willcox, Nell Campbell, Adam Ant, Demoriane e Wayne County. Ademais, algúns deses artistas interpretan a súa música no filme, como Wayne County e Adam and the Ants, xunto con The Slits e Siouxsie and the Banshees.

Actores, actrices e papeis

[editar | editar a fonte]
Jenny RunacreRaíña Isabel I / Bod
Nell CampbellCrabs
Toyah WillcoxMad
JordanAmyl Nitrite
Hermine DemorianeChaos
Ian CharlesonAngel
Karl JohnsonSphinx
Linda SpurrierViv
Neil KennedyMax
Jack BirkettBorgia Ginz
Jayne CountyLounge Lizard
Richard O'BrienJohn Dee
David BrandonAriel
Helen Wellington-LloydBufona
Adam AntKid
Claire DavenportPolicía de fronteira
Donald DunhamPolicía
Iris FryBingueira
Quinn HawkinsNeno
Barney JamesPolicía
Lindsay KempArtista de cabaret
Ulla Larson-StylesCamareira
Howard MalinSchmeitzer
Luciana MartínezDama de compañía de Borgia Ginz
William MerrowMaurice
Gene OctoberHappy Days
Prudence WaltersDama de compañía de Borgia Ginz
Joyce WindsorBingueira
Steven SeverinFacendo de si mesmo
Duggie FieldsEsmorgante
Siouxsie SiouxFacendo de si mesmo

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]