Piromanía
| Piromanía | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Rapaz provocando un pequeno lume. | |||||||||||
|
Instancia de
| |||||||||||
|
Subclase de
| |||||||||||
|
Especialidade médica
| |||||||||||
| Identificadores | |||||||||||
| |||||||||||
| Fontes e ligazóns | |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||
A piromanía[1] (do grego πυρός pyrós, "lume" e μανία teima "tolemia") segundo o DSM-V, é un trastorno do control dos impulsos relacionado coa provocación de incendios e a atracción polo lume.[2][3][4] Ó suxeito que padece piromanía denomínaselle pirómano.
O pirómano non debe ser confundido co incendiario que é aquela persoa que intencionadamente decide provocar incendios con premeditación, con ánimo de lucro ou simplemente por facer dano.
A piromanía forma parte da lenda urbana da tríade psicopática, xuntamente coa enurese e os malos tratos animais.[5]
Sintomatoloxía
[editar | editar a fonte]Os síntomas adoitan comezar coa atracción ó lume cando son nenos e adolescentes. A piromanía se se dá en adultos pode ser crónica ou episódica, provocando incendios con frecuencia como un xeito de aliviar a súa tensión, ou fano só durante os períodos de tensión infrecuente nas súas vidas.[6]
Estatísticas
[editar | editar a fonte]A piromanía é unha desorde mental moi rara, e os pirómanos representan unha moi pequena proporción das admisións nos hospitais psiquiátricos.[7][8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para piromanía.
- ↑ "PSICOMED - CIE 10". Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2018. Consultado o 23 de outubro de 2017.
- ↑ "Diagnostic criteria for 312.33 Pyromania". Consultado o 23 de outubro de 2017.
- ↑ "Pyromania DSM-5 312.33 (F63.1)". Consultado o 23 de outubro de 2017.
- ↑ Candice, Skrapec; Kori. "The Macdonald Triad: Persistence of an Urban Legend". Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2017. Consultado o 23 de outubro de 2017.
- ↑ Bofill Moscardó, I.; Fernández Corchero; Villegas Briz; García del Moral; Hijano Bandera. "Psiquiatría infantil: patología prevalente en Atención Primaria, abordaje y tratamiento" 12. ISSN 1139-7632. Consultado o 23 de outubro de 2017.
- ↑ "The arsonist's mind: part 2 - pyromania". 1 de marzo de 2005. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2006. Consultado o 15 de xuño de 2006.
- ↑ "La piromanía, un trastorno que solo padece el 3% de los que inician un fuego deliberadamente". 20minutos.es. Consultado o 23 de outubro de 2017.
