Adam and the Ants
| Adam and the Ants | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||||
|
Xénero
| |||||||
|
Composto por
| |||||||
|
Selo discográfico
| |||||||
| Datas | |||||||
| |||||||
| Localización | |||||||
| |||||||
| Identificadores | |||||||
| |||||||
| Fontes e ligazóns | |||||||
| |||||||
| Wikidata | |||||||
Adam and the Ants foi unha banda inglesa de post-punk formada en Londres e activa entre os anos 1977 e 1982. Foi un dos grupos que no seu tempo marcaron a transición da época punk rock dos 70 cara a época do New Wave/post-punk.
O grupo tivo dúas encarnacións, ámbalas dúas lideradas por Adam Ant. A primeira, fundada en maio de 1977 e coñecida sinxelamente como The Ants ata novembro dese ano, acadou unha considerable popularidade de culto durante a transición entre a era punk rock e a post-punk e new wave, destacando polas súas actuacións e cancións teatrais e abertamente sexualizadas. A derradeira formación desta encarnación (Dave Barbarossa, Matthew Ashman, e Leigh Gorman) deixou a banda en xaneiro de 1980 por suxestión do representante de facto Malcolm McLaren para formar Bow Wow Wow.
A segunda encarnación de Adam and the Ants contaba co guitarrista Marco Pirroni e o batería/produtor Chris Hughes, e destacou polo seu uso de ritmos de Burundi. Este grupo durou dende febreiro de 1980 ata marzo de 1982, conseguindo un grande éxito comercial no Reino Unido e no estranxeiro que continuou coa carreira en solitario do seu líder. Cos seus vídeos musicais sendo emitidos pola MTV e Ant aparecendo como VJ invitado na emisora, estaban asociados coa Segunda Invasión Británica.[1]
Discografía
[editar | editar a fonte]| Álbum | Ano | Selo |
|---|---|---|
| Dirk Wears White Sox | 1979 | Do It Records |
| Kings of the Wild Frontier | 1980 | Epic Records |
| Prince Charming | 1981 | Epic Records |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Kaye, Roger (31 de outubro de 1984). "Culture Club, Duran Duran, Police lead second invasion". Pittsburgh Press