Juan Vicente Martínez Quelle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Juan Vicente Martínez Quelle
Juan Vicente Martínez Quelle 1929.jpg
Nacemento26 de xaneiro de 1875
 Ferrol
Falecementoagosto de 1942
 Ferrol
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e escritor
editar datos en Wikidata ]

Juan Vicente Martínez Quelle, nado en Ferrol o 26 de xaneiro de 1875 e finado na mesma cidade en agosto de 1942, foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Chegou a Cuba o 24 de xuño de 1908 como mariñeiro da corveta "Nautilus". Desertou e instalouse na Habana onde traballou como xornalista. Foi redactor de Airiños d'a Miña Terra, en 1910 foi nomeado representante da revista Suevia na Habana. En 1913 fundou Labor Gallega. En 1919 foi redactor do xornal La Nación. Traduciu para o Diario de la Marina a obra de Castelao Un ollo de vidro. En 1922 foi director do semanario España. Publicou contos en El Industrial. En xullo de 1925 asumiu a dirección da colección popular La Novela. Tamén foi letrista de cancións.

En 1931 retornou a Galicia[1], instándose en Ferrol. Militou no Partido Republicano Radical Socialista, foi redactor de El Correo Gallego e dirixiu a revista Labor Gallega do Real Coro Toxos e Froles.

Obras[editar | editar a fonte]

En 1924 foi incluído na antoloxía poética Los argonautas, na que aparecían os principais poetas cubanos do momento. Publicou en 1929 o libro de memorias De mis viajes. Relato anecdótico y descriptivo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Vida Gallega, 30-7-1931, p. 28.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]