Juan Ramos Camarero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Juan Ramos Camarero

1988 – 2002
Precedido por Ignacio Gallego
Sucedido por Carmelo Suárez

26 de xullo de 1977 – 31 de xaneiro de 1980

Datos persoais
Nacemento 1944
Íllora, Barcelona
Falecemento 14 de outubro de 2011
Barcelona
Partido Partido Socialista Unificado de Cataluña
Partit dels i les Comunistes de Catalunya
Partido Comunista de los Pueblos de España
Profesión político

Juan Ramos Camarero, nado en Íllora, Granada en 1944 e finado en Barcelona o 14 de outubro de 2011, foi un político comunista español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aos 13 anos estableceuse en Cornellá de Llobregat, onde traballou na empresa Siemens. Durante os anos 1960 ingresou en Comisións Obreiras (CCOO) e formou parte dos xurados de empresa no Sindicato Vertical. Tamén militaba no Partido Socialista Unificado de Cataluña (PSUC), do que foi membro do comité executivo. Así mesmo foi secretario da Confederación do Metal de CCOO de Cataluña.

Foi elixido deputado ao Congreso pola circunscrición electoral de Barcelona nas eleccións xerais de 1977 e 1979. Dimitiu do seu escano para presentarse ás eleccións ao Parlamento de Cataluña de 1980, nas que foi elixido. Membro do chamado sector pro-soviético do PSUC, en decembro de 1981 foi expulsado e en 1982 fundou, con Pere Ardiaca e outros escindidos, o Partido dos Comunistas de Cataluña (PCC).

En 1984, participou co PCC e outros partidos na fundación do Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE), do que Ignacio Gallego foi elixido primeiro secretario xeral e Juan Ramos Camarero membro do Comité Central.[1] En 1988 substituíu como secretario xeral ao destituído Gallego e encabezou o sector contrario a continuar en Izquierda Unida, o que motivou a ruptura do PCC co PCPE. En 2002 foi relevado do seu cargo como secretario xeral do PCPE polo sindicalista canario Carmelo Suárez.

Morreu en outubro de 2011 aos 67 anos de idade.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]