Ramón Noceda
Ramón Noceda | |
---|---|
![]() | |
Datos persoais | |
Nacemento | 1954 |
Carnota, ![]() | |
Organización | Bloque Nacionalista Galego |
Profesión | Político |
[ editar datos en Wikidata ] |
Ramón Noceda Caamaño, nado en Lariño (Carnota) en 1954, é un político galego do BNG.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Nas eleccións municipais de 1983 encabezou a candidatura do BNG á alcaldía de Carnota e foi elixido alcalde, gobernando en minoría con apoios puntuais de distintos partidos. Nas municipais de 1987 volveu ser elixido alcalde, esta vez con maioría absoluta. O 21 de febreiro de 1989, cinco concelleiros do seu partido, o BNG, e dous de Converxencia Nacionalista Galega presentaron unha moción de censura que o apartou da alcaldía, sendo substituído por Manuel Brea Beiro.
Presentouse ás municipais de 1991 encabezando a lista da Frente Popular Galega. Posteriormente solicitou a súa reincorporación ao BNG. Nas municipais de 2003 foi de número seis na lista do BNG encabezada por Xosé Manuel García. Nas municipais de 2011 volveu encabezar a lista do BNG sendo proclamado alcalde nun goberno nacionalista en minoría, con apoio socialista na investidura. Nas municipais de 2015 foi reelixido con maioría absoluta.
Nas eleccións municipais de 2019 non se presentou á reelección, sendo sucedido na alcaldía por Juan Manuel Saborido Rama do PSdeG.[1]
Predecesor: Juan Luís Lago Lago |
![]() Alcalde de Carnota 1983 - 1989 |
Sucesor: Manuel Santiago Brea Beiro |
Predecesor: José Domingo Cipriano Oreiro |
![]() Alcalde de Carnota 2011 - 2019 |
Sucesor: Juan Manuel Saborido Rama |