Saltar ao contido

Xoán Manuel Pereira de Castro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Juan Manuel Pereira»)
Modelo:BiografíaXoán Manuel Pereira de Castro

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de maio de 1820 Editar o valor en Wikidata
Reboreda, España Editar o valor en Wikidata
Morte15 de abril de 1896 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Embaixador do Reino de España no imperio chinés
5 de maio de 1871 – 10 de maio de 1873
← Adolfo Patxot y Achaval (en) TraducirTiburcio Rodríguez Muñoz (pt) Traducir →
Ambassador of Spain to Thailand (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndiplomático, político Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1394876

Xoán Manuel Pereira de Castro, nado en Reboreda (Redondela) o 24 de maio de 1820 e finado en Ourense o 15 de abril de 1896, foi un fidalgo, diplomático e político galego. Ramón Otero Pedrayo relatou a súa vida na novela O señorito da Reboraina.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Pazo de Reboreda, casa natal de Xoán Manuel Pereira.

Foi fillo de Ignacio Manuel Pereira, señor da casa de Reboreda, en cuxo pazo naceu e medrou. Foi deputado en Cortes por Ponteareas (1846), Pontevedra (1854) e Zamora (1869), ademais de senador por Pontevedra e Ourense. De ideoloxía progresista e repúblicana, foi acusado de conspiración contra o réxime tras manter unha xuntanza co xeneral Prim en Londres, motivo polo cal foi ingresado na cadea da Illa de Santo Antón, na Coruña. Na devandita xuntanza preparaban a Revolución de 1868. Co triunfo de Prim e a instauración do Sexenio Democrático, Pereira de Castro foi liberado e pasou a presidir a Xunta Revolucionaria da Coruña. Nas eleccións de 1871 conseguiu a acta de deputado por Redondela nas Cortes Xerais, que volveu conseguir en 1873, deixando posteriormente o posto ao ser nomeado embaixador na China, Siam e Annam. A raíz das experiencias vividas no seu periplo oriental escribiu o libro Los países del Extremo Oriente.

O goberno revolucionario concedeulle a Cruz de Carlos III, que, porén, rexeitou. Coa Restauración borbónica de 1875 retirouse da vida política, fixando a súa residencia en Ourense, onde faleceu 21 anos despois.

  • Los países del Extremo Oriente, 1883.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

En 1868 o concello de Ourense púxolle o nome de rúa Pereira á antiga rúa del Concejo na súa honra.[1]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]