Juan Carlos Suárez-Quiñones
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1961 (62/63 anos) León, España |
Delegate of the Government in Castile and León (en) | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de León |
Actividade | |
Ocupación | xuíz, xurista, político |
Partido político | Partido Popular |
Juan Carlos Suárez-Quiñones y Fernández, nado en León en 1961, é un xuíz e político español[1]. Dende xullo de 2015 ocupa o cargo de conselleiro de Fomento e Medio Ambiente no goberno de Juan Vicente Herrera á fronte da Xunta de Castela e León[1].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en dereito pola Universidade de León en 1987 ingresou na carreira xudicial, foi xuíz en Benavente e Getafe e en 1991 volveu á súa cidade natal para exercer como xuíz e alí entre 2002 e 2012 foi xuíz decano e mais tamén foi membro da sala de goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Castela e León de 2004 a 2009. Deixou a carreira xudicial para entrar en política, primeiro como subdelegado do goberno en León dende o 10 de febreiro de 2012, e logo como delegado do goberno en Castela e León a partir do 10 de abril de 2015 en substitución de Ramiro Ruiz Medrano mais ao pouco, en xullo, deixouno para asumir a consellería de Fomento e Medio Ambiente[2]. Nas eleccións ás Cortes de Castela e León de 2022 encabezou a lista do Partido Popular na provincia de León[3].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Centeno, C. (7 de de xullo de 2015). "Los leoneses Juan Carlos Suárez-Quiñones y Fernando Rey, consejeros del nuevo gobierno de Herrera". La Nueva Crónica. Consultado o 2 de novembro de 2015.
- ↑ "Consejero de Fomento y Medio Ambiente - Juan Carlos Suárez-Quiñones y Fernández". Junta de Castilla y León. Consultado o 2 de novembro de 2015.
- ↑ "Mañueco y los consejeros liderarán las listas en seis provincias a la espera de cerrar la de Valladolid". Leónoticias. 5 de xaneiro de 2022.