Juan Carlos Mandiá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Juan Carlos Mandiá
Información persoal
Nome completoJuan Carlos Mandiá Lorenzo
Nacemento17 de xaneiro de 1967 (51 anos)
LugarAlfoz, Galicia
Altura1,82 m.
PosiciónDefensa
Carreira xuvenil
Real Madrid
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
1984–1988Castilla52(0)
1985–1988Real Madrid2(0)
1988–1989Español21(0)
1989–1993Celta de Vigo92(0)
1993–1995Logroñés38(0)
1995–1997CD Toledo67(0)
1997–2000Córdoba
Selección nacional
1985España sub-181(0)
Adestrador
2001–2002Real Madrid (xuvenís)
2002–2003Logroñés
2003Rayo Vallecano (asistente)
2004–2006Hércules
2006–2007Real Madrid B (asistente)
2007–2008Real Madrid B
2008–2009Hércules
2009Racing de Santander
2010–2011Tenerife
2011–2012Hércules
2013–2014Alavés
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Juan Carlos Mandiá Lorenzo, nado en Alfoz o 17 de xaneiro de 1967, é un ex futbolista e actual adestrador de fútbol galego. Xogaba de defensa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como xogador[editar | editar a fonte]

Con 14 anos, un observador do Real Madrid tras gustarlle o seu xogo como central infantil da selección galega levouno ao club madridista a realizar unhas probas de selección baixo a supervisión de Luis Molowny[1].

Mandiá xogou a partir daquela no Castilla CF (denominación por entón do filial do Real Madrid), na Segunda División. Foi un fixo na defensa do filial madridista, pero só puido debutar co primeiro equipo en 2 ocasións.

Debutou con só 17 anos en Primeira División de España o 9 de setembro de 1984 co Real Madrid CF no Molinón contra o Sporting de Xixón, partido da xornada 2ª que finalizou con empate a uns. Mandiá xogou os 90 minutos. O seu debut produciuse por mor dunha folga de xogadores profesionais que afectou a Liga na tempada 1984/85. O adestrador madridista daquel partido foi Amancio Amaro. Anos despois do seu debut en Primeira, na tempada 1987/88, volveu disputar un partido co Real Madrid: foi o 16 de abril de 1988 contra o Celta en Balaídos. Daquela o adestrador do Real Madrid CF era Leo Beenhakker.

Tras concluír o seu paso polo Real Madrid, Juan Carlos Mandiá fichou por unha tempada (1988/89) no RCD Espanyol, co que xogou 21 partidos en Primeira División.

Na tempada seguinte marchou ao Celta de Vigo, e alí estivo 4 tempadas. Na primeira, a tempada 1989/90 xogou 26 partidos e o equipo descendeu a Segunda División. As 2 campañas seguintes o Celta xogou en Segunda, onde quedou de 14º e campión respectivamente. Xa na 1992/93, a súa cuarta no club vigués, xogou só 2 partidos en Primeira División.

Posteriormente marchou ao CD Logroñés, onde as tempadas 1993/94 e 1994/95 xogounas en Primeira División, con 24 e 14 partidos respectivamente en cada unha. Na 1994/95 o equipo rioxano descendeu. En 1995 fichou polo CD Toledo en Segunda División, onde permaneceu durante 2 tempadas. Na 1995/96 xogou 2.862 minutos en 34 partidos, e na 1996–97 xogou 2.943 minutos en 33 partidos. Na tempada 1997/98 fichou polo Córdoba CF en Segunda División B. Na súa primeira tempada no club verdibranco o equipo quedou sexto. Foi na súa segunda tempada cando conseguiu o ascenso a Segunda División, pois o equipo quedou terceiro na liga regular e ascendeu na liguiña de ascenso. Na tempada 1999–00 xogou 8 partidos e foi a da súa retirada como xogador de fútbol.

Adestrador[editar | editar a fonte]

Na súa etapa como xogador aproveitou para obter os títulos de adestrador. En 1996 conseguiu o nivel 1, en 1997 o nivel 2 e en 2000 o nivel 3[2].

Os seus primeiros primeiros pasos como adestrador fíxoos na canteira do Real Madrid, ata que fichou en novembro de 2002[3] polo seu primeiro club profesional, o Club Deportivo Logroñés. Fíxose cargo do equipo tras a destitución de Ico Aguilar, e os branquivermellos quedaron terceiros no Grupo II de Segunda B e disputaron a liguiña de ascenso a Segunda División, aínda que non ascenderon. Tras o seu paso polo equipo rioxano, estivo libre ata que o Hércules CF o fichou tras a destitución de José Carlos Granero. Co Hércules finalizou subcampión do Grupo III de Segunda División B e realizou unha gran promoción de ascenso contra AD Ceuta e RSD Alcalá, co que ascendeu a Segunda División.

Na tempada 2005–06 continuou adestrando o Hércules no seu regreso a Segunda División, ata que foi destituído tras moitos problemas internos na cúpula directiva. Na tempada 2006–07 fichou polo Real Madrid Castilla como segundo adestrador de Míchel no filial en Segunda División[4]. O Castilla descendeu a Segunda B, e na 2007–08 Mandiá fíxose cargo do equipo como adestrador. O Castilla quedou no 5º lugar, a un só punto de disputar a fase de ascenso a Segunda División.

Trala súa tempada no filial madridista, o 21 de maio de 2008 anunciouse por parte do Hércules a súa fichaxe para as dúas seguintes tempadas. O equipo herculano dotou a Juan Carlos Mandiá do control deportivo do primeiro persoal, nomeouno adestrador e manager xeral deportivo.[5]. O 19 de xuño de 2008 foi presentado oficialmente como adestrador do Hércules de Alacant para as tempadas 2008–09 e 2009–10.[6]. O técnico regresou ao club alacantino xunto con técnicos da súa confianza como o preparador físico Kike Sanz, o segundo adestrador Antonio Puche, ou o adestrador de porteiros José Ramón de la Fuente. Nesa tempada o Hércules conseguiu o ascenso. Anos máis tarde, no verán de 2010, Mandiá foi nomeado polos medios de comunicación como un dos implicados no pagamento de diñeiro a terceiros equipos, dentro da campaña do ascenso[7].

Os días 24 e 25 de xuño de 2009 saíron á luz as avanzadas negociacións entre Mandiá e o Racing de Santander.[8]. O 26 de xuño de 2009 confirmouse que Juan Carlos Mandiá adestraría o Racing por unha tempada con opción a outra xunto co seu equipo técnico[9]. Debutou como adestrador de Primeira División co Racing de Santander o día 30 de agosto de 2009 contra o Getafe en El Sardinero.

Tras a mala serie do equipo cántabro, o 9 de novembro de 2009 Mandiá foi destituído como adestrador do Racing.[10]

En decembro de 2013 firmou como adestrador do Deportivo Alavés, club que adestrou até marzo de 2014 cando foi cesado e substituído por Alberto López.[11]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Como xogador[editar | editar a fonte]

Real Madrid
Celta

Como adestrador[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]