Juan Armada Valdés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Juan Armada Valdés
Nacemento27 de outubro de 1823
 Deva
Falecemento27 de febreiro de 1910
 Figueroa, Abegondo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmilitar e político
FillosJuan Armada Losada
editar datos en Wikidata ]

Juan Bautista Vicente María de Ávila Armada Valdés, marqués de Figueroa, nado en na parroquia xixonesa de San Salvador de Deva o 27 de outubro de 1823[1] e finado en Figueroa (Abegondo) o 27 de febreiro de 1910[2], foi un militar e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Juan Antonio Armada Mondragón Guerra (marqués de Santa Cruz de Ribadulla) e María del Rosario Benita Fernanda Valdés Ramírez de Jove (condesa de Canalejas). Coronel de artillería. Foi deputado no Congreso polo distrito de Santiago de Compostela (1857-1865), A Estrada (1864-1865), e novamente Santiago de Compostela (1865-1871).

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Ramona Losada Miranda (marquesa de Figueroa) e foi pai de Juan Armada Losada Concepción Armada Losada e Joaquina Armada Losada, que casou con Miguel Gil Casares.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lasso-de la Vega López-de Tejada, Miguel (1992). Linajes y palacios ovetenses. Datos para su historia (en castelán). Hidalguía. p. 109. 
  2. Necrolóxica en Gaceta de Galicia, 28-2-1910, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]